Do 50% de minimo ó 33% de Máximo o avanzo do cangrexo.

OUUUUuuuu...Saiu o decreto antidecreto post-plano fragonormalizador.

Eu reitero o meu punto de vista contra a imposición e a imposición da lingua de estudo por decreto ou por maioría é imposición o fin e o cabo porque con este decreto tampouco os pais decidimos, deciden as maiorías que é diferente.

E queda por ver COMO se fai esa votación; quen a regula, a controla e a garante? Por exemplo; como se "agrupan" as aulas? si hai 150 rapaces nun curso e 80 votan castelan si a distribución se fai 'a posteriori' está claro que se pode manipular para que TODALAS aulas sexan maioritariamente en castelán (o contrario tamén, claro). Porqué o decreto non garante que se formen aulas segundo a elección do idioma?

Nin os choros da hipocresía "vilingüe" nin os berros dos anteriores impositores me importan... sego a pensar que o galego morre no berce das casas, nas mesas e salas de comedor de cada fogar, nos mostradores dos bancos, nos lugares de "marcha"... no intre preciso de coñecermos á persoa que nos acompañará na viaxe da vida... e non, non lle daremos terra en Bonaval.

Dama moura, peón de rei.

OUUUUuuuu... a min toda esta turbulencia ó redor desta persoa cada vez me ten mais pinta de manobra para forzar unha 'solución rápida' ó tema do Sahara. O único que non me cadra é o papel de Arxelia, pero como non son membro de ningún gabinete de estudos internacionais pois dou por sentado que terá intereses territoriais para obter unha saída ó atlántico directa.

O caso é que hai graves inconsistencias nos plantexamentos de case todos. Por unha banda os partidos de esquerda acudindo a unha xefatura de estado que NON quixeran recoñecer; ou é que agora EU e ERC son monárquicas? Ahh, pode que teñan motivos históricos para tentar de mezclar o cidadán JCI nesto; pero o certo é que a imaxe que se lle brinda á poboación é que "hasta la izquierda recurre al Rey cuando la cosa se complica", esto contribue pouco ó avance das ideas republicanas. Outra cousa é que se queira facer responsable a este persoerio polas ben coñecidas circunstancias cronolóxicas da 'anexión' do territorio e o pesadelo cercano dos Cravos portugueses.

O goberno non sae nada ben parado da situación... a filosofía da "alianza de civilizacions" vese tocada e a coherencia interna respecto a referendums de autodeterminación obriga a manter posicions dogmáticas sobre o que aconteza noutros territorios (Sahara, Kosovo...) pois calquer esbarón neste plano acabaría co P$O€ feito anacos. Acudindo ó 'amigo americano' cando xa se sabía que non actuarían abertamente fíxose un grande ridículo. Culpando indirectamente a quen fai o seu traballo baixo presión e ordes contraditorias estase a crear perigosos precedentes.

A oposición... esperando a que a presa caiga polo seu peso. O peor; ignorar que a situación humanitaria debe resolverse.

Por certo; postos a ofrecer pasaportes, que tal un de Xibraltar? Ibache boa que eses deixaran entrar a alguén sen documentación e fixera esa escenificación...si, ela está en folga; pero toda a parafernalia é escenificación.

Agora o xadrez agarda o movemento...

Ratings, ratios e ratas

OUUUUuuuu... Anda o temor tra-la clasificación da débeda de alguns estados polo seu déficit "galopante". Non me estrana nada. O déficit de certos estados expresa a súa asunción de postulados neo-cons, o de outros non tanto; porque o que importa non é a cantidade senon a orixe e o 'disfraz'.

Un pais endebedado por politicas sociais e cuns servizos públicos mellorables mais universais e gratuitos ou case... pois é un problema; o capital o sabe. Un pais endebedado por taparlle os buratos ós seus bancos e agora deixalos ir de rosiñas sen novas normas de control financieiro e sen castigo para os seus dirixentes e os seus controladores...pois é o que queren.

Eche ben curioso que o BCE lle outorgue tanta importancia ós ratings dunha axencia que, como tantas outras, non foi quen de prever a hecatombe financieira de fai un ano longo. Os mesmos que dician que o sector inmobiliario español non tiña problemas no horizonte, que o sistema financieiro era san, etc. Mais, agora, resulta que o problema é a débeda. Claro, a que non está escondida tra-las axudas ó sector financieiro ou as rebaixas de impostos.

Penso que as axencias esas deberían arriscar algo mais...que tal un rating de ratings de axencias? as que fixeran prediccions que non se cumpriran deberían pagarlle unha multa non só ós investidores que se guiaran polos seus consellos senon tamén a quen puidese demostrar "danos colaterais". Se cadra o pensaban un pouco mais antes de 'atacar'.

E si, a min aféctame e non porque merque débeda nen por ser empregado público asalariado. Aféctame porque o que se esconde detrás das 'opinions libres' (pero sesgadas como a miña polos seus intereses) é un tipo de socioeconomía fundamentalmente inxusta e insolidaria na que, tra-la falsa cortiña do valor do esforzo persoal e as 'oportunidades', están as 'listezas' o 'sempre que eu gañe' e un beneficio desbocado que só pode levar a mais crise.

Foi a débeda dos estados a orixe desta crise? o foron as prestacions sociais? os soldos dos funcionarios?... pois semella que por ahí vai se-la válvula de escape.

CON-sti-FUSION

OUUUUuuuu...Hai moita CONFUSIÓN respecto do debe ser unha CONSTITUCION; eu non vos son catedrático de dereito nin me caracterizo polas miñas grandes dotes de lóxica pero tras 31 anos moitas cousas teñen trocado moito como para que a principal marca lexislativa dun estado sega inamovible.

Moitas veces teño dito que vivimos nunha "dictadura de papel" na que a 'oligocracia'( un chuceiro definiu un termo mellor, pero perdinno) se escuda na vixencia da constitución "como marco de convivencia....bla, bla, bla...." para mantermonos neste estado vexetativo politicamente falando no que semella que decidimos nós mediante os nosos representantes pero nin eles son "nosos" (non os podemos quitar si non cumplen o programa pactado) nin deciden eles nin nós.

O entorno económico, social, demográfico, tecnolóxico... a sociedade da que saiu aquel pacto NON É ESTA. Simplemente non ten senso manter esta parodia.

Feliz día da CON-sti-FUSIÓN e boa ponte ós que a teñan.

Como acabar coa rede I

Non acabo de entendelo; si eu fago unha cita dun medio de comunicación e a enlazo, si quero ilustrar algo que digo cun vídeo que alguén subiu á rede e o enlazo, si emprego imaxes situadas noutras webs para ilustrar un tema e as enlazo... cal é o delito?

Dende logo elimina-los enlaces a contidos con dereitos de autor pode frea-las descargas...mais, que van facer cos parados das compañías de telecomunicacions?... si navegar pola rede vai ser unha contínua traba, que van facer con toda a I+D feita para que se poda navegar por teléfonía mobil?...

Coa escusa de defender dereitos polos que xa se están a pagar canones abusivos estase a plantexar un mecanismo fascitoide de control de contidos na rede. Menos mal que nos quedan os servidores extranxeiros...

Supoño que a meirande parte de blogs pasaran a ser unha especie de textos planos pero aínda é pronto para saber como evolucionará isto si a norma non troca.

Lei ou maioría?

OUUUUuuuu... Que é a democracia? inquires mentras cravas no micro a túa VERDADE feita verba.

Como un literato, poeta ou intelectual ó LIDER non lle fai falla sombra que lle lembre o que onte dixo; só mira cara adiante, ó futuro por él prometido e só con él alcanzable. Así onde era que as maiorías conformaban a vontade da sociedade para darlle senso ás leis que nos gobernan agora son as leis as fontes da vontade coas que temos que ser gobernadas as sociedades o que, evidentemente, non é o mesmo nin semellante.

Que é democracia? Democracia NON ES TÚ.

Apresando liberdade e liberando piratas

OUUUUuuuu...bueno, alá vou. A opinión dun desinformado.

Temos unha chea de barcos que arrastran en augas internacionais non reguladas (que si fosen Groelandeses atacando barcos na NAFO aínda...), tripuladas por unha chea de persoas de diversas nacionalidades baixo pavillón··· descoñecido (alguns din que das Seychelles, outros que a ikurriña; que tanto ten?) nunha zona catalogada 'de risco' dende vai 2 anos. Si todo vai ben, as toneladas de peixe son desembarcadas en illas paradisíacas e pobres e envíadas a occidente por riba de países aínda mais pobres e moito menos paradisíacos.

Capturan con libertade, sen control practicando a mesma política que se criticou dos "superarrastreiros" holandeses no banco canario-sahariano; a mesma que se fai na plataforma Arxentina con empresas 'mixtas'...a que terá as mesmas consecuencias.

Logo ven o evidente; hai unha "acción armada" dun "pobo oprimido" que pide "contribución á súa loita"...¿sóavos? e lle chaman secuestro. Pero, a diferencia dos outros secuestros neste SI se fala de negociar, de causas, de pagar...

En fin, que eu teñovos moitas brumas ó redor desto; sobor de todo agora que hai que lles financia-la seguranza a centros de traballo que non 'cotizan' solidariamente... son empresas que se expoñen a risco coñecido; asumido. Pero hai que conserva-la cota de mercado; no canto de denuncia-la sobrexplotación desas augas polas outras potencias europeas...

Bueno, desta 'fago amigos' seguro.

7 anos coa alma negra

OUUUUuuuu... vai 7 anos escomenzou a traxedia ecolóxica e social mais vergoñante da historia do país.

Tras todo ese tempo, nen xuizo, nen culpables, nen castigo e; o que é peor, a certidume de que hoxe mesmo voltaría a pasar o mesmo e coas mesmas consecuencias.

As consecuencias visibles marcharon, queda a mancha no meu corazón; a lembranza daquelas praias enegrecidas pola ponzoña, a marea de xente, as bágoas e a incontible rabia.

Estiven veraneando en Aguiño aínda varios anos mais e tódalas tardes, paseando polo Vilar atopabamos galletas de piche mezcladas coa area...

O grande teatro Afgano

OUUUUuuuu...que grande é a democracia dos medios.

Así que Karzai xa é presidente democrático do Afganistan en guerra... Seica é o 'menos malo', pois non sei que vos diga.
Nestes intres a "comunidade internacional" mantén unha 'misión de paz' fortemente armada (e si non mirade o derradeiro material publicitado polo ministerio de defensa) en defensa dun goberno 'técnicamente' golpista.

Eleccions fraudulentas resoltas fraudulentamente dentro do farfullo xeral da terminoloxía xurídica e política.

Así que hai unhas normas internacionais que impiden que un pais teña un procedemento constitucional de deposición de presidentes electos polo parlamento e a corte suprema (con todo e que en Honduras hai moita 'fondura') mais que permiten que uns CÓMICOS -si, cómicos porque dan risa- declarados fraudulentos pola comisión encargada do seu seguemento den como resultado unha presidencia "democrática".

E agora que nos vendan o Empire State¡¡¡.

Chirac ou a 'Prestancia" do silencio.

OUUUUuuuu...É o que ten conducir, que escoitas a radio.

E a min tocoume onte pola tarde escoitar como en RNE falaban do procesamento do ex-presidente da república Francesa e das 'trucaxes' xurídicas que o actual presidente "SarkoMan" tenta para...evita-lo propio.

Decía o locutor que a República vira empañado o seu nome e que o cargo de presidente perdía 'prestancia' polo feito de ver procesado a un dos seus ocupantes...

Evidentemente que resulta desalentador que o fora 'primeiro cidadan' resulte procesado por mor de corruptelas pero a min, como cando o da "vaca tola" a ausencia deste tipo de casos é o que me resultaría alarmante.

E claro, falando de ausencia de denúncia que mais claromoso que o silencio imposto por unha lexislación que deixa impune a un cidadán...esa debe se-la "prestancia do silencio" (imposto) e claro, non se pode nin falar públicamente da chea de denúncias que, por delitos de toda indole, o sinalan...

Democracia? dubido dese apelativo.

Manifas para tódolos gustos e usos.

OUUUUuuuu... as manifestacions como xeito de expresión da vontade popular...medio universalmente empregado por tódalas ideoloxías e rexeitado ou minimzado igualmente cando os que se manifestan son 'os contrarios'.

Pero dentro de toda esa incoherencia eu o desta finde o vexo esperpéntico vense a dicir que unha manifa en Madrid revela unha "grave ruptura social" e que hai que paralizar unha acción lexislativa apoiada pola maioría dos grupos parlamentares e, coa mesma voz ou sen ela dise que unha manifa en Compostela non impide que se poda derogar, 18 meses dempois de ser aprobado pola maioría parlamentar correspondente, un decreto de desenrolo do estatuto de autonomía.

O que quero dicir é que, ás veces, hai que medirse mais porque o mesmo argumento se volta en contra de quen o emprega... e iso que non lle mento as manifas de millons de persoas contra unha acción unilateral dun goberno do que formaba parte e que se fixo a espaldas do parlamento (e iso que se tiña maioría absoluta)...

Ó cabo, que tanto quen tenta aproveitarse das manifestacions como quen participa nelas debe aceptar ata que punto son válidas como expresión da maioría ou si o que hai que reformar é o xeito de facer política e fomenta-la participación dos cidadans na toma de decisions.

Climate change a crisis beyon the crisis

OUUUUuuuu...Bueno, non é que eu pense que o troco climático sexa peor que a crise económica; de feito coido que, en certa medida, esta crise é unha cortina de fume que tende a rebaixa-la atención sobre as verdadeiras REFORMAS ESTRUCTURAIS que habería que facer de cara a ter unha auténtica estratexia de futuro para TOD@S.

Así as cousas engádome a esta causa do Blog action day.

A maioría berrada e a democracia furtada.

OUUUUuuuu...50 persoas estratéxicamente situadas fan unha nova de repercusión mundial (sae nos telexornais de EURONEWS e CNN).

Como chegaron alí, quen son, como se coordinan... nada se mira; só que berran "DIMISIÓN" a un político. O que me queima non é tanto que lle berren a ZP a súa opinión nin que os medios de in-comunicación lles outorguen tanto pávulo mercede ás ordes dos seus donos...non, o que me queima é que si un grupo republicano se toma a molestia de acampar a noite antes no sitio e, sin ser descuberto, chega a mante-la posición ata que o cidadán JCI aparece e lle berran "MONARQUÍA NON É DEMOCRACIA" non só non se lle daría esa repercusión sinon que os deterían e os reterían as 48 horas de rigor (como pouco) si antes non hai provocacions ou altercados que sirvan de escusa para cargar...

Entón estes 50 cidadans berrando (ou 500 ou 1000) valen mais que os milleiros, millons que nos manifestamos contra a guerra de Iraque do señor do bigote? semella que non se trata de berrar sinon de ter amplificador.

Esto seica non preocupa a quen pensa que a democracia é unha cuestión de representación.

A paz turco-armenia

OUUUUuuuu...Seica hai paz entre pobos cando os seus gobernantes asinan papeis que así o dín. Que doado. Mais VSQN os gobernos asinan por intereses que pouco teñen que ver coas perspectivas de resolución do conflito e cos problemas latentes.

Agora os presidentes van xuntos ó fuchibol; qué bonito¡¡¡ E aínda van negociar si matar a 150000 persoas foi xenocidio ou non. Curioso é que o estado francés teña a negación dese crime como delito nos seus códigos xurídicos.

De tódolos xeitos é, semella, un paso positivo... cando menos a aparente tenaza turco-azerbaiana non vai desencadear un confilto rexional de consecuencias incalculables en vidas.

Preparando a seguinte crise, a avaricia enche o saco.

OUUUUuuuu...Os amigos liberais seguen a presionar para que esquezamos a causa da actual crise e 'sacar' como prezo unha reforma laboral chinesa... mais o certo é que os mercados financieiros xa están a subir de xeito irracional. E isto non o digo eu; dio unha autoridade autor de teorías tan vixentes como a da "asimetría da información".

O caso é que novamente a avaricia dos que tendo cartos queren "batir á inflación" sen investilos de xeito productivo DIRECTO (isto é pasando eles o traballo de que os cartos -que non entro a dicir cómo os gañaron- circulen no mercado productivo e non nos ficticios mercados financieiros); esa avaricia é a que vai enchendo un saco que, unha vez que rompe, pagamos tod@s mais deses cartos ningúen soubo nunca mais...ou si.

Antes de subi-los impostos dun xeito tan 'xusto' como o proposto os gobernantes deberían ASEGURA-la devolución do prestado ós mercados financieiros e, vistas as declaracions de beneficios, con xuros como os que seguen a pagar os que teñen hipotecas.

E que vaian pensando que si que está moi ben darlle unha pequena axuda ós parados que se quedan sen prestación mais non a costa do investimento en investigación...

O "SI" que non foi tal

OUUUUuuuu... Digo eu que haberá que botar un 'desempate'.

Bueno, a clase político-dirixente de Irlanda conqueriu mercede á grande cantidade de fondos aportados por todos nós (via UE) coa excusa da crise esa que si é social nun mundo no que o beneficio é liberal; a ver, que me perdo.

Digo que conqueriron á segunda que os Irlandeses refrendaran nas furnas o TRATADO de Lisboa e racalco o de tratado porque dende o día seguinte alguns mass-media in-comunicativos están a falar dela como unha constitución dicindo que si 'carta de dereitos' que si 'mecanismos democráticos' que si patatín que si patatán; cando o único que asegura este tratado é un mercado financieiro e de mercadorías común e sin trabas para encher de lixo un lugar e liscar cos cartos.

O descaro co que fan o troco os medios ibéricos de in-comunicación é tal que non me extrana que a xente se confunda e aturda.
Con todo o de Irlanda neste aspecto segue a ser algo mais que un exemplo, é o 'patrón de ouro' a unica poliarquia que tenta camuflar algo o flagrante abuso dos representantes tomando decisions para as que non foron elexidos como é o caso de aceptar tratados que alteran a propia carta de dereitos dos seus representados.

E, xa postos a seguir exemplos insisto no dito...



Unha pregunta que lle fago extensiva a tódolos que, co seu silencio, reforzan os FEITOS CONSUMADOS política moi ben empregada polas dictaduras, por certo.

G's, Atomos, Nen@s e tocameroque

OUUUUuuuu... Este ZP... non para na casa e se ten feito un corpo de expertos en cortiñas de fume. Agora vai polo mundo uns días de xuntazas varias de "verdade poligonal" e maníaca que un día promete o control dos mercados financieiros e a loita contra o troco do clima e ó seguinte o desenrolo económico e o crecemento industrial como receita contra o paro. Seica o mundo é agora mais placenteiro; pasou de ter un G8 a un G20 e será por elo que os líderes están sempre tan sorrintes; ata a Merkel semella 'contenta'.

Os nosos amigos da prensa sempre tan hipócritas chamando a atención sobre un neno que pode viaxar en avión e que ten comida e refuxio mentras se lle arranxa un tema de papeis e deixando ós centos de nen@s sen escolarizar que hai no estado, ós milleiros que expoñen a súa vida en tóda clase de medios de transporte para entrar en europa, ós centos de miles que morren de fame ou de enfermedades fácilmente previsibles pola hipocresía dos gobernos... claro que si o goberno centra o dereito dos nen@s en que non se lles fotografíe cando son parte dunha delegación oficial e POSAN nunha recepción oficial... pois os medios pouco menos que seguirlle-lo xogo.

Iran, Iran a invadilos xa? ou estarán deixando corre la atención cara aló para invadir Honduras? A pranta era coñecida; o presi iraniano non a nega e dí que van colaborar... seguimos co mesmo tema: O pao e a Zenoria; semella que queren limita-lo número de paos os que xa o teñen.

E logo? e logo mais.

O Vello truco da 'marcha atrás'

A situación de crise sigue a galopar esnaquizando empregos e ilusions mais sen afectar ó beneficio dos causantes principais que seguen a laiarse do mal que o teñen feito ó prestar tantos cartos así; 'a lo loco'... 600.000 millons de € prestaron e xa saben que un 10% ou mais non o van recuperar senon como tixolos-lixo os mesmos que axudaron a adquirir.

Pero eso non importa as reformas que hai que facer atinguen ós gastos no que sexa 'non productivo' e unha suba de impostos 'solidaria' poñendo a tirita antes que a ferida.

Xogan ás agachadas dicindo hoxe unha cousa e facendo outra ós 3 días por... desorienta...r. si, non só están eles desorientados senon que tentan desorientar ós demais. A futura conxelación salarial dos empregados públicos non é mais que un exemplo; falan e falan do poder adquisitivo poden dicir o que queiran, cun IPC en 0 ou negativo... o que non sae á palestra é a perda de poder adquisitivo dos derradeiros 5 anos mentras o estado e o entramado financieiro-inmobiliario obtiña estrepitosos beneficios desvergonzados.

Subirlle impostos ós ricos é como parar unha riada botando auga... ós ricos hai que restarlles escondites para os cartos e facer pagar polo que posuen e non 'moven' ou sexa que volte o imposto de patrimonio que ese sí que dá no 'improductivo' e non o IVE ou o imposto de sociedades. Outra cousa é o imposto de sucesions... ahí os politicos si que entenden de igualdade e tratan igual a quen hereda unha propiedade que a quen heredea 100...

PVBE




Eu entendo que é un partido novo que restará ó Bloque os votos de quen se ve “obligado” a votar BNG por eliminación tanto dende a perspectiva do posicionamento socio-económico (esquerda) como dende a perspectiva do exercicio da autodeterminación das poboacions de territorios con conciencia (nova ou historica) de nación.

Sería un pesadelo para algunhas persoas do Bloque que aínda se xustifican polo mal que se fixo no goberno bipartito repetindo modos e erros do PPdG e deixando que o P$O€ os ‘Tourease’ sen acadar nensequera unha reforma estatutaria.

Berto for President e Kandidatura berciana¡¡¡ ;)

Gracias pola educación

OUUUUuuuu...Antonte e onte a cudiu a Ponferrada como parte dun programa de actividades culturais o xa coñecido "home da parede" JOHAN LORBEER unha montaxe desas que percura causar sensación e atraer á xente polo aparentemente increible.




A min, que vin a unha chea de xente na praza do concello mirando para él con cara de ¿como o fará? só se me ocurre que a este home na idade media ou cecais ata hai 40 anos un tercio dos presentes o apedearía, outro tercio o queimaría vivo e o restante lle curtaría a man 'máxica' segúndo as ordes do druida/sacerdote/ayatolah de turno.

Un fenómeno a primeira vista inexplicable non podía descolocar ós detentadores do poder que, gracias á ignorancia da poboación evitarían o natural institnto da curiosidade para comportarse como masa furiosa...

Agora trasladade iso a outros ámbitos e veredes como, ben 'teledirixidos' e amplamentes des-informados seguimos como masa furibunda e cega facendo o que nos dín os 'lideres' e cando eles se desorientan con algo "inexplicable" (como unha crise financieira que hai que sufragar entre todos) tragamos coas súas solucions sen plantexa-las cuestions de rigor.

A educación sobre a ciencia, a mecánica e os fenómenos naturais fan que, en apariencia, deixemos de seguir cegamente as "ordes" dos anatemas relixiosos e estes teñan que buscar disfraces para seguirnos a enganar. Cando nos decataremos que tamén na actual socio-econo-política hai anatemas que impiden o progreso da humanidade?

A historia é circular.

OUUUUuuuu... outra volta os mesmos plantexamentos. Nova subida 0 -cero- para os funcionarios tras un clamoroso "fallo do mercado" ó que houbo que rescatar entre tod@s.

Situación: A xente con moitos cartos facía prestamos segundo a súa conveniencia para gañar mais cartos; cousa absolutamente legal e comprensible. As persoas que tiñan que valora-los riscos desas operacions TRABUCARONSE ou 'foron trabucadas' por xente que coñece as tripas do sistema e o sistema financieiro precisou a axuda dos estados que fixeron inxentes 'inxeccions' de cartos procedentes dos IMPOSTOS para soster ese erros. Os cartos 'volatilizados' prodixiosamente en buratos negros chamados "paraisos fiscais" desapareceron e a banca restrinxiu a concesión de crédito causando unha ruptura na economía que, curiosamente, non pagan as persoas que se trabucaron nos cálculos de risco ou que arriscaron demasiado; non, o pagan os empregos mais precarios, as estructuras de sustento social e as persoas emprendedoras que, de pronto, quedaron sin marxe de manobra para manter a súa iniciativa funcionando. Os dous partidos politicos que gobernan alternativamente deseñan unha campaña de confusión na que se opoñen á suba de impostos mais a executan silandeiramente ó tempo que tentan restrinxir o gasto da administración recurtando pomposamente en.... gastos sociais mais non en pompa e boato, non en aparellos paralelos, non en dietas e desprazamentos...e para rematar, outra volta a xogada 'salvadora' de 1993-1994 o 0 -cero- "zapatero" (Xogo fonético: 'cero zapatero').

E que hai daquela sentencia 'non recurrible' contra o demostrado abuso do goberno de romper unha negociación colectiva? nada, os lacayos sindicais calan... arranxan privilexios INSOSTIBLES para os sectores que lles votan e os manteñen (Prexubilacions) e ó resto da sociedade a tentan enganar con manifestos e pamplinas.

Asume agora o P$O€ a proposta de "Espereitor"? semella que sí, logo eiqui teñen a resposta:
"Ha dicho la Presidenta de la Comunidad de Madrid que es indecente que
mientras la inflación es -1%, los funcionarios además de tener plaza
fija, tengan una subida salarial del 5% (gran mentira por cierto).

Me gustaría transmitirle a esta Sra. lo que considero "indecente":

Indecente, es que el salario mínimo de un trabajador sea de 624 €/mes y el de un diputado 3.996 pudiendo llegar con dietas y otras prebendas a 6.500 €/mes;
Indecente, es que un catedrático de universidad o un cirujano de la sanidad pública ganen menos que el concejal de festejos de un ayuntamiento de tercera;
Indecente es que los políticos se suban sus retribuciones en el
porcentaje que les apetezca, (siempre por unanimidad de todos los partidos, por supuesto y al inicio de la legislatura);
Indecente es comparar la jubilación de un diputado y el de una viuda;
Indecente, es que un ciudadano tenga que cotizar 35 años para percibir una jubilación y a los diputados les baste con siete y los miembros del gobierno para cobrar la pensión máxima solo necesiten jurar el cargo;
Indecente es que los diputados sean los únicos trabajadores (¿?) de este país que están exentos de tributar un tercio de su sueldo del IRPF;
Indecente es colocar en la administración miles de asesores, amigotes con sueldos que ya desearían los técnicos más cualificados;
Indecente es el millonario gasto en mediocres TV creadas al servicio de la pervivencia en el trono de políticos más mediocres;
Indecente es el ingente dinero destinado a sostener los partidos aprobado por los mismos políticos que viven de ellos;
Indecente es que a un político no se le exija superar una mínima
prueba de capacidad para ejercer su cargo (y no digamos intelectual o cultural);
Indecente es el coste que representan a los ciudadanos sus comidas, coches oficiales, chóferes, viajes siempre en gran clase y tarjetas de crédito por doquier; (Tenemos mas coches oficiales en España que entre francia , Alemania y EEUU juntos.....alucina)
Indecente es que sus señorías falten de su escaño en los plenos una y otra vez y tengan seis meses de vacaciones al año
Indecente es que sus señorías cuando cesan en el cargo tengan un colchón del 80% del sueldo durante 18 meses; (no vaya a ser que con lo ""poquito"" que han cobrado en su legislatura no les llegue)
Indecente es que ex ministros, ex secretarios de estado y altos cargos de la política cuando cesan son los únicos ciudadanos de este país que pueden legalmente percibir dos salarios del erario público;
Indecente , es que se pongan a parir en los debates la izquierda y la derecha y luego cenen juntitos en los mejores restaurantes ...y todo a cargo de nuestros bolsillos.

PERO LO MAS INDECENTE , ES QUE NOS TOMEN POR GILIPOLLAS.

Claro que todo isto é POPULISMO...que doado non argumentar e descalificar; como eles son os únicos que teñen altofalantes.

¿Quen baixou "O comendador"?

Nestes días un aspecto diferente da loita entre os estafadores legais e os declarados 'delincuentes' por prestar ós amigos algo que legalmente adquirimos.

Lembro...A estafa dos grupos de deseño que por non facer nin cantaban as súas cancions; Milli Vanilli por exemplo e outros exemplos mais sofisticados e clamorosos como Gorilaz que apuntaban na intención dos editores de ter 'autores fantasma' que figuraran por dereitos pero que non dan a faciana na única fronte que non pode ser adulterada: O directo.

Queren eles un mercado no que cada emprego que se lle poda dar á obra do artista signifique un novo pago por parte do consumidor. Un pago por un CD/DVD, un pago por un arquivo para o PC, un pago por un arquivo para o mobil...Eu sempre me sentín estafado polos CD's; non entendía que me puideran cobra-lo mesmo por aquelas caixas de plástico pequenas e con apenas unha relación das cancions e a duración das mesmas. Ahh, agora xa teñen que baixarlle o prezo ou engadirlle contido... é cousa do mercado non si?.

Agora os estafadores entre os estafadores queren executar a reviravolta máxima e cobrarlle ó fundamento da obra, ó cerne da mesma, á súa fonte primixenia un 'diezmo' ó mais puro estilo medieval... mais desta volta, tiveron que recuar. A vergoña sinalounos nos seus despachos e as súas teimosías quedaron no maletín dos picapreitos que viven por e para chupar sen facer NADA PRODUCTIVO, cobrar polo feito de cobrar a que só se adica a facer o papel de si mesmo nunha obra universal que, ó mesmo tempo, os representa como exemplo de colectividade unida contra un despota.

¿quen baixou "O comendador"?

FUENTEOVEJUNA. O fixo.

Atontados

OUUUUuuuu... moito manifestante atontado, moito superviviente político e, sobor de todo, moito TARADO deixando pisoteados os dereitos e os argumentos dos demais humanos.

Desta volta por fortuna non houbo perdas irreparables o que me permite calificar este feito de "Atontado" porque non fai mais que reafirmar os extremos e desaloxar ós puntos de encontro.

Estrelas ben distintas.

OUUUUuuuu...Nestes días de San Xoan veñen de finar dous persoeiros diametralmente opostos ó meu parecer. O neno que non soubo medrar "MJ" un exemplo de talento e autoodio a grandes doses tremendamente desequilibrado que foi costa abaixo toda a súa vida no medio dun fervor popular cuasi relixioso e Vicente Ferrer, un 'santo' de nova estirpe que soubo desfacerse da tiranía da caridade evanxelizadora e achegarse á realidade dos mais desfavorecidos no pais co réxime xenofóbico mais arraigado do mundo, tanto que cáseque non recibe críticas a nivel diplomático no mundo. Foi medrando ó longo da súa traxectoria ata acadar que o seu exemplo cundise en milleiros de persoas e que o seu impluso valese a millons para mellorar sustancialmente o seu xeito de vida de modo perdurable e sustentable.

Agora que os une a morte un poderá ser xa a estrela perfecta á que nin os feitos mais escuros e repugnantes poderán mancar na súa sona e a bancarota da súa economía se vai transformar nun maná de millons para os seus escasos herdeiros. O outro será o modelo a ocultar polos medios e os poderes temerosos de ver como se demostra que con pouco se pode acadar moito si esta dirixido con honestidade e honradez cara un fin xusto.

Strausskan vs Kandpalleiro

OUUUUuuuu... el ten moita experiencia, formación, información, autoridade e os medios de comunicación...eu nen sequera o común senso mais coido que SI argumentos.

Este home fala agora de que a actual coxuntura é a "escusa" para facer unha reforma do mercado laboral...eu só coido que a actual situación deixa claro que clase de dictadura padecemos: A da memoria idiotizada.

Porque que eu saiba eiquí quen fallou non foi a xente que vai ó seu traballo senon os que fixeron prediccions de rendibilidades sobre castelos de area e aconsellaron meter alí cartos a quen pensaba que os tiña e que os ia incrementar todo camuflado tra-la cortina do "mercado financieiro libre" (quere dicir sen impostos) nun "mundo de oportunidade". Logo, cando rachou o espellismo, ninguén se puxo a demonizar ós impostos que permitiron mante-la solvencia do sistema financieiro privado; é mais fixeron festas na súa honra.

Pero agora resulta que o que hai que reformar é o sistema laboral...e que non se fale de subirlle-los impostos ás altas rendibilidades nen ás rendas altas, eso é demagoxia; claro pobriños os fillos deles con rendas de mais de 50000€ ó ano precisan o 'cheque bebé' tanto como a única especie humana en perigo de extinción: O mileurista (pasarán a oitocentoeuristas).

Eis entón que non se pode inxectar subvencions nin patrocinio público en ningún sector productivo, nin se poden establecer medidas proteccionistas en sectores estratéxicos salvo no sector financieiro...

Non vai respostar ninguén, mais...o que precisa este mundo é unha fonda reforma da HUMANIDADE.

Outra de intérpretes

OUUUUuuuu... A linguaxe electoral ten esas cousas; vótase para unha representación e a cada que lle vale para o que lle peta ou non.

Así Rajoy suxire unha moción de confianza a ZP pero non a Riesco e ZP suxire que vai 'tomar nota'...de que? de 5 millons de parados? ahhh non, que iso non se votaba. Enton?.

A auténtica obsesión por sacar algo dos resultados leva a esquecer que se elexían 4 eurochupóteros menos e, o mais importante, que ese parlamento NON LEXISLA nen elixe goberno algún.

Así as cousas debera darse mais publicidade a novas como a rebaixa dos prezos das chamadas de mobil dende a UE e desenmascarar a quen as quere manter no prezo actual e porqué.

En Spain 4 eurodeputados perdeu o P$o€ e 1 o PP (cedeullelo a UPyD) o resto mantén a mesma representación. Outra cousa é como se deu a xornada no total de europa no que a mensaxe de falso proteccionismo da dereita callou. Como se pode creer que alguen que está a prol da globalización e a deslocalización empresarial está tamén a prol de protexer o emprego ou os sectores clave en europa? só protexen a desregularización e ós intereses de quen ten cartos investidos en financieiras.

15 Primaveiras...

Chegou unha noite de Xuño tras días de desexos e sinos da súa inminencia.
Completoume enchéndome de medos, problemas, preocupacions...ledicia, cariño.
Sempre dixen que o 5 de Xuño é o día mundial "do ambiente enteiro" porque con ela non hai metades; sempre foi así, todo ou nada, posible ou imposible.

Onte mesmo deitouse entre nós como a tiñamos dempois de mamar; un anaco así ollando pra ela como a estrela que caiu do universo para iluminarnos o camiño.



Agora, con 15 primaveiras vóltolle a dicir as primeiras verbas que lle dixen unha vez fora do útero da súa nai: "Benvida ó mundo, filla."
O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

("Da Vella Roseira", Victoriano Taibo)

Voto e aborto

OUUUUuuuu...Entrada adicada á miña compañeira que con grande lóxica se sinte confundida con tanta polemica ó redor da lei do aborto.

Ela pensa que se trata do mesmo xuizo ou prexuizo que hai 100 anos se aplicaba cando se falaba do dereito ó voto das mulleres, algo completamente incuestionable agora, e se quería rebatir tal dereito dicindo que as mulleres votarían por motivos "futiles".

Tamén se tivo a mesma reacción cando se promulgou a lei do divorcio e agora moita da xente que se opuxo con virulencia a esa lei xa fixo uso dela incluso mais de unha volta.

E co tema de idade?. Ou seña que unha rapariga de 16 anos como a nosa podería decidir independentemente poñerse ou quitarse os peitos ou facerse unha ciruxía estética e non podería face-lo mesmo por correxir un erro própio (e alleo claro).

Son bastante reacio a darlle mérito a alguén como Viviana Aído que ten como único mérito ser afillada do señor Chaves e penso que ter un ministerio da igualdade é o recoñecemento mais humillante de que as mulleres non poden chegar a ser iguais por sí mesmas mais na argumentación a prol da reforma da lei do aborto coido que atinan bastante o malo é que o sistema politico fai que a aprobación da mesma dependa non dos argumentos senon de xogos florais que pouco ou nada teñen que ver coas mozas que quedan embarazadas sin querelo ou (peor aínda) sen poder/saber evitalo.

Logo a clave voltaría a ser o voto. Porqué o goberno non propón que esta reforma sexa sometida a referendum? Si se perde quedaríase como está o que non é óptimo mais sí mellor que non ter lei sobor de todo sabendo que xa non é penable ter abortado.

Visión da lingua.

OUUUUuuuu... A Mesa publicou un manifesto para o día das letras co que concordo en algo mais non en todo así que o adapto mais non o adopto:

1.- Os cidadans de Galicia temos dereito a que a nosa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no ámbito territorial da Comunidade Galega. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán.

2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua no territorio de Galicia. O galego corre perigo como idioma e os galego falantes non son respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.-. Correspóndelle ós cidadans de Galicia, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que o actual Estatuto recoñece. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos.

4.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país. Defendemos un dereito que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

A desfeita de Hespanha

OUUUUuuuu... Onte foi un deses días nos que a xente semella sair do seu catatonismo habitual cara a un estado de exaltación irracional e irreflexivo que os leva a facer o contrario do que din pensar diante dos que dín se-los seus enemigos.

Os humanos temos a estrana virtude de crernos co uso da razón ata tal punto de perdela completamente facendo forza con ela.

Onte milleiros de persoas de Euskaleherria e Catalunya acudiron a Valencia para ver un ¿espectáculo? deportivo denominado "copa del rey" (de Hespanha) facendo gala da súa condición de seguidores incondicionais da equipa correspondente e alineandose 'implícitamente' con teses políticas que tamén de xeito oportuno aproveitaron para facer proxelitismo das súas siglas postas en paralelo a esas cores e con elas as bandeiras das nacions correspondentes.

Como acto institucional da REAL federación Española de Futbol e co apoio do goberno e a participación da xefatura do estado a citada competición deportiva ten un protocolo que inclue a entrada do cidadán Juan Carlos de Borbón xefe do estado "ad perpetuam" en contra de calquer principio democrático ó són da 'marcha de granaderos' que é o himno do estado.

E claro, símbolos contra simbolos e números contra números, e coa fiestra que é de cara ó mundo a televisión, e co engadido de unha campaña política aberta que vai dirimir si as forzas centrífugas xa non poden acadar mais representatividade e como se presenta o panorama político estatal nos vindeiros meses...o acto/evento/competición convertiuse nun simple manifesto político no que a exaltación dos hinchas foi aproveitada convintemente por uns e manipulada por outros.

Así as cousas o nacionalismo centrífugo fixo a incoherencia de acudir a unha "copa de Hespaña" para celebra-la como si unha victoria sobre a propia crise fose. O nacionalismo centrípeto tivo 1 mes para sinalar este partido como o aquelarre das forzas malignas que provocan a perdición de hespanha e os 4 millons de parados...

Semella que esta xente só é capaz de se expresar facendo destrozos ou insultando pero son mais perigosos os que agochados agardan calquer incidente para alza-la súa voz contra a libertade de todos porque uns cantos abusan dela.

Debate agudo, grave e obtuso

OUUUUuuuu...Chega o debate do estado no estado; e vai tratar de solucions 'de estado' para mellora-lo estado das cousas? moito me temo que non.

Si hai algo no que se concorda nestes días, en xeral, é que esta falla de confianza que é a crise tivo á súa orixe no mundo do capital, do financieiro, nun sistema de 'xogos florais' con cifras no que, non se explica un como, alguns gañaban sen mover un dedo cifras proporcionalmente OBSCENAS respecto das persoas que realizan unha tarefa, un traballo ou unha actividade. O mundo de cristal quebrou mais eles seguian a festexar, xa cos cartos dos IMPOSTOS, pedindo mais fondos; como dixo Sarko: "démoslle os cartos ó zorro no canto dos gandeiros".

O fracaso da banca para recoñecer a sobrevaloración de activos, algo que ela mesma non perdoaría a ningún cidadán que pedise un préstamo, fixo que o becerro de ouro deixase de circular e nos meteu nunha espiral de caida de actividade que, debido á falla de ideas e de alternativas de xestión no mundo empresarial en xeral deu en despidos como vía mais doada e BARATA de rebaixa-lo montante das perdas ata que isto 'escampe' eso si non se optaba por colle-la mala e marchar deixando todo tirado.

Así que agora os nosos IMPOSTOS teñen que, por unha banda, garantir que a banca funcione e que os aforros da xente non se perdan (eso é discutible porque cada quen mete os cartos onde quere) e pola outra turrar da actividade no mais puro estilo Keynesiano para mante-lo emprego. A mais delo este estado, seica, tenta mante-la ampla (e necesariamente ampliable) cobertura social (seguro de desemprego, subsidios, PER, pensions, dependencia, sanidade...) todo o cal se fai apostando ós nosos impostos actuais e futuros (déficit) como si dunha aposta de revalorización á inversa se tratase.

A brutalidade das cifras do paro e da rebaixa da actividade fan desta a crise mais aguda que os tempos viron (fora da guerra) e son tamén cifras que xogan contra os ingresos da administración actuais e futuros o que fará que cada punto de déficit de hoxe sexa un pouco mais no futuro. Para exemplo os ingresos por IVE (agás o "centimo sanitario") que se reducen proporcionalmente á actividade económica.

Así pois, a gravedade da situación e as ameazas xa coñecidas ('peak-oil', contaminación, incremento de idade da poboación, troco do clima, conflictos globalizados...) se veñen a engadir novas (Nova gripe, rebaixa da cohesión social...) que deberan poñerse enriba da mesa á hora de articular solucions e de aportar ideas para sair desta situación.

A reforma do sistema financierio internacional de xeito que impida a formación de grandes depósitos de capital opacos ó ben común e á solidaridade semella ir quedando no segundo plano (como aquelo dos monocascos dos petroleiros) mais aínda que estivese xa realizada non sería dabondo. Hai debates que non se poden deixar mais tempo: O modelo de consumo. O modelo enerxético e de transporte. A relación da humanidade e a súa actividade co medio. A conservación de espazos e hábitats naturais.

No canto de iso temos debates obtusos sobre si mais protección social é mais impostos ou si menos proteccion social e, polo tanto, menos impostos que só redundan na importancia do becerro de ouro cando todas esas gargalladas colgan das grandes cuestions arriba plantexadas.

Os prazos corren, os recursos esgótanse, os danos acumulanse e seguimos un pouco atrapados entre o dereito de uns poucos e o dereito de tod@s.

As 7 pragas de Abril

OUUUUuuuu...Desta deixei pasar Abril sen escribir moito porque a situación mantenme alerta e dese xeito as verbas saen escuras, agrias, fedorentas.

A enerxía, o medioambiente, o clima, a falla de confianza dos mercados, a usura, a desfachatez dos gobernantes e agora A Pandemia de gripe.

Como veño seguindo o tema no cuadernillo non vos vou machacar eiquí no canto da gripe; mais, ¿caestes en conta que o tremor de hoxe em Mexico foi de 6 R e non houbo tantos danos nin mortes?. Se cadra "chiquilusconi" (ese que dirixe italia) non debería facer tantos chistes -humor negro- e adicarse a analizar esa situación. Pode que en Italia a gripe non tivese tantas vítimas coma en México? eu coido que igual ou peor (os italianos son mais de bicar e abrazar) e dende logo a difusión tería sido maior.

Bueno; que como dí aquel de twitter: Non é a fin do mundo mais dá para moito que pensar, e mais que esbardallar. Eu, si puidera, mercaba accions de Tamiflú que van subir como a escuma, mercaba tamén mascarillas das boas e uns kilos de latas de conservas...é vos o que hai.

Agora en serio; vexo signos de alarma: o Presidente (non presente) negro, Crise de obxectivos, Crise de confianza e Enfermidades. Unha sociedade confusa e cansa sen abandoar completamente valores caducos nen establecer plenamente un novo paradigma.

Con principios "a medias" como o de 'soberanía popular' tutelada por un exercito ou o de Democracia cunha xefatura do estado hereditaria... O único claro son os feitos e istes indican que alguén conqueriu estafarnos a tod@s para seguir mantendo unha marxe de beneficios inmorais cando tiña que ter pechado/quebrado si se seguisen os seus principios de: "mercado, mercado, mercado"; e agora a Espe vennos con chistes sobre o inmoral do incremento salarial dos funcionarios nesta situación...Que llo diga ós empresarios e, sobor de todo, á banca; que lles diga que teñen que estar 3 anos gañando pouco que co IPC en 0 non teñen necesidade de incrementa-lo beneficio, que lles diga que non despidan á xente como único recurso para "mante-la competitividade" que lles diga que non se queixen de que o despido é caro cando eles despiden 4 millons de persoas...

O paradoxo da árbore

OUUUUuuuu...

Na casa dos meus vellos, en Lalín vai para 20 anos prantei dúas nogueiras...


Unha delas houbo que 'pinchala' vai 4 anos porque metía as raices no puzo (o puzo que se fixo dempois de prantada a nogueira, que quede claro).

A outra, semella, vai ser vítima do PLAÑ polo que o concello de Lalín cos cartos do goberno do estado fai facer aceras novas ou renova-las existentes. Así pois mentras nalguhas beirarúas das vilas e cidades se prantan árbores aínda que estorben para circular con sillas de neno ou carros de compra, neste caso se vai talar unha árbore para facer unha beirarúa o dobre de ancha...que non deixamos rampas para as sillas...e?, que non hai ese ancho de beirarúa en lugares con mais transito...e?...

Chamámoslle progreso a tantas cousas...

Eu vou teimar...que sempre coidei que as cousas feitas polas mans dun ben valen un esforzo.

A anunciada.

OUUUUuuuu...Chega a "embestidura" e o Sr. Feijoo vai a ter que alterar algo o seu discurso porque ZP moveu o banco e fixo un novo goberno mais político como cargando sobre o partido a responsabilidade da recuperación. Si lle sae ben poderá gaña-las vindeiras eleccions pola contra si a crise é, como semella, algo alleo que se viu potenciado por fallas estructurais como o monocultivo do ladrillo, a baixa productividade e o baixo investimento en I+D+i verdadeiro motor das economías desenvolvidas.

O asunto vai ser que un goberno de dereitas vai reivindicar dende Galiza o que nunca reivindicara e que haberá que grabar cada petición e repasala ben porque a volta da esquina pode vir un novo "goberno amigo" que faga posible esas peticions.Como grabadas deben estar as promesas del mesmo as que dixo e as que obviou que son as mais importantes agora.

Neste tempo de procesions e sangrias/limonadas os penitentes son os milleiros de parados que confiaron nunha bonanza sen fin e os que confiaron os seus aforros ós cantos de serea de quen levaba os beneficios cara a investimentos lonxanos hiperproductivos e "segurísimos"... dúas situacions que pouco teñen que ver co beneficio da banca que fixo malos investimentos cos fondos neles depositados. A diferencia é que á banca hai que rescatala por non sei ben que papel "imprescindible" e ós traballadores e aforradores non. O curioso caso do modelo no que ningúen é imprescindible salvo quen preconiza o modelo.

Chega o seu fin a aventurilla de alguns que 'quixeron voar' e perderon contacto co chan e agora aterran... deixando fora moitas ilusions e unha lousa enriba do patrimonio común dos galegos.

A lingua falsa e a lingua afiada

OUUUUuuuu... Falsa debía se-la lingua do vil debate, mais vaille custar á lingua d@s galeg@s outra reviravolta lexislativa liberadora...de odios. A sociolinguistica é unha ciencia e fai estudos empregando ferramentas científicas universalmente aceptadas e que determinan si un estudo é válido e si dous ou mais estudos son comparables; a tertulia radiofónica non é unha ciencia e non require nin ler ou ter coñecemento directo do que se está a falar para cobrar uns cartiños por pasa-lo rato e "sentar cátedra". Así sentanse 4 a falar dun estudo sobre o estado da lingua galega e a comparación con outro estudo feito vai 15 anos e ningún dos 4 leeu o primeiro e moito menos sabe si é comparable co segundo.

Falar por falar falo eu; que vou pola rúa en Ponferrada e escoito falar galego a alguns cidadans case sempre maiores e case sempre en grupos de 2 ou 3. Tamén sei onde morre o galego: "no berce dos recen nados" ós que, nin sequer ás avoas que rematan de falar polo mobil en galego coas amigas ou a familia, lles adican un agarimo na súa lingua 'vernacula'. Debería facer un estudo sesudo do estilo dos da RG para concluir...o galego progresa como ferramenta de comunicación entre os que o falan (intégrase nas novas tecnoloxías como o teléfono mobil) mais non terá falantes novos de seu en 10 anos.

Alguén na RG chegou a dicir que habería que obrigar de algun xeito... si obrigación xa hai, mais ninguén a exerce. Si un cidadán recibe un documento oficial no que o seu nome non figura tal e como está no DNI non o pode rexeitar si a semellanza é 'razoable'. Si ó funcionario do rexistro lle peta non acepta un documento co nome dun raparigo en galego e NADA vai suceder ó respecto. Mais o que verdadeiramente dá pena é que solicitar que eses preceptos legais se cumplan é "buscar problemas" e os "villinguistas" non saen a defendelos... o caso ten mal pronostico meus e dificil solución.

Tí fixéchesme...

A tí que me fixeches
a tí que me fas
a tí que me ensinaches
e a tí que me ensinas
Carballo e Orquidea
xigante e amiga
Pai de pai
compañeira na vida

Guia e meta
Inicio e camiño
a vós que non tendes día
este día vos adico.

A cuarta lúa.

Vin enche-la primeira lúa
prata sobre a lonxana Prata.
A segunda enfeitizoume
con fachós polos carreiros
correndo cos peliqueiros
e coa cinza abandonoume.
Na terceira tornecei,
reviravolta da vida,
e cheo de anguría e medo
alzo os ollos cara o ceo
e troco o desexo do luceiro
por unha cuarta lúa chea
na feitura do seu xeito
e preso da súa ledicia.

Dando CERA ata o remate

OUUUUuuuu... Cos resultados DEFINITIVOS debe chegar a análise e o atiramento de conclusións.

Agora queda demostrado quen e porqué non ten interese en que os residentes ausentes exerzan o dereito ó voto coas mesmas garantías e condicions que os que votan no territorio dos 'cómicos'. Esta sería unha durísima pugna a pouco que se houbese gobernado con entereza e feito unha campaña positiva e con propostas de calado.

O resumo; o BNG perdeu un escano en A Coruña, sobor de todo na capital, porque se deixou enfundar nun traxe que non é o seu tras unha lexislatura na que SEMPRE andivo a remolque do PSdG e non soubo xestiona-los temas importantes.

O prezo de sumarse a un goberno por ter poder e non saber dicir "basta" mais que en contadas ocasions, tan evidentes (negociacions presupuestarias estatais) que non fixeron senon empeora-la imaxe do nacionalismo centrífugo tanto fora como dentro do pais; o prezo de ir dando tumbos e bandazos na estratexia de comunicación e non saber facer 'visibles' as diferenzas co período anterior ainda agora no intre da derrota... séguese a falar de elementos puntuais (o coche, o despacho, un decreto...) e non de políticas i estratexias de pais (Banco de terras, instituto de investimento, instituto lacteo galego); brilaron os fallos propios e os alleos atribuidos (dependencia, infraestructuras...) e, grande erro, entrouse na trifulca da lingua como un elefante nunha cristalaría dando a supoñer obligatoriedades e proteccions que pouco tiñan que ver coa realidade desta fenecente ferramenta de comunicación.

O peor non son as eleccions perdidas senon os argumentos estragados; facer 'diego' onde se dicia 'digo' (Galaria, Consosrcio, Cidade da Cultura...) e non ter feito antes nen agora unha análise aberta das ferramentas de xestión da administración que mais conveñen ó bó cumprimento dos fins que os cartos dos impostos teñen. Autorizar e manipular, sendo uns pipiolos, concursos que nin o vello león se atreveu a convocar; 'tragar' en silencio con planos desenrolistas de dubidosa legalidade e nula moralidade... Non houbera sido mellor sair do goberno vai 1 ano cando quedou claro o bloqueo do novo estatuto?... eso decepcionou incluso ós mais próximos.

E agora, non saber acepta-lo resultado e a responsabiliade do mesmo tentando gañar tempo con manobras propias de vellos tempos. Good save queeeennn(tana) supoño que non voltarás ó teu choio senon que te farás 'asesor' ou cousa polo estilo.

Galicia Bloqueada

OUUUUuuuu... Resúltame de todo xeito increible que nestes intres Galicia leve 1 semana coas dúas autovías de acceso que teñen cortes (a A6 en Trabadelo e a A52 en A Gudiña) e ningún "PERIODISTA" se preocupe de cales son as orixes e as consecuencias de ditos cortes nas vías que se diseñaron e construiron como principal pulo para o desenrolo económico do pais.

Si se vai respostar que se trata de unha 'situación puntual' debe terse a precaución de considerar que os cortes teñen previsto períodos que pouco teñen de puntuais. Si se pensa falar das alternativas (N-IV, N-525 y N-120) permítome lembrar que as dúas primeiras levan 9 anos 'a monte' e que a N-120 ten grandes dificultades para absorbe-lo tráfico que ten e que, á altura de Os Peares, presenta o mesmo problema enquistado de terreos mal preparados ou non adecuados para o paso de unha vía de alta capacidade...

Lonxe estou do desexo de sinalar a este ou aquel partido ou político que participou no 'rallye' que foi a construcción destas autovías mais sí de poñer en claro os defectos de planificacion e execución desas obras e sinalar, agora si, que se faga un esforzo para non tapar chapuza con chapuza e facer un replantexamento das infraestucturas e unha execución axeitada das mesmas que garantan dentro da lóxica a súa estabilidade porque non é de recibo que no 2º inverno duro que teñen que soportar se derrumben así.

En mans dos que non están.

OUUUUuuuu... Como xa sabíamos sen ser gurús das enquisas nin do tema electoral o futuro goberno galego vai quedar en mans do voto CERA, os que non están e, moitos, nunca estiveron no pais e alguns nunca virán a él nin saberán nada da cultura ou da lingua...

O esperpento do voto CERA se vai convertir nunha constante das votacions en galicia. Esperpento porque non ten moito sentido que estas persoas voten, porque non é de recibo que voten sen garantías e non é de recibo de ningún xeito que o seu sexa o voto determinante de 3-4 escanos do parlamento do hórreo. E se van convertir en constante porque o bipartito 'auténtico' (PPdG e PSdG-PSO€) non ten vontade ningunha de correxir isto.

Alea jacta est.


EDICIÓN 23:00

Pois VSQN; non vai ser preciso esperar polos votos CERA, o derrumbe do BNG en Coruña (sobor de todo na capital) e do PSdG en Pontevedra (en Vigo) outorganlle a maioría ó PPdG.

Good save the Queen (dancing quin)... colleitase o que se sementa e a maior perda destas eleccions non é a do goberno, senon a dos argumentos e mais coa guerra xudicial que hai agora; vai haber "ondonadas de casos", preveo.

Por certo, acabouse o argumento de que a abstención sostén á dereita... non hai mellor fertilizante que un goberno mediocre e uns medios ben alineados.

Piñata reflexiva

OUUUUuuuu... Rematou a mascarada, os farrapos sucios, as encerronas con mal cheiro, os picores e os zurriagazos e é agora cando mais me alegro de non ter a responsabilidade de votar nestas eleccions de galegolandia porque tras 6 meses de campaña descarada o votante queda só diante dun fato de acusacions e promesas que non propostas e moito menos explicacions ou programas (si, eu son dos da verba esa maldita).

"Vou facer" sin dicir como, "imos acadar" sen explica-lo prezo, "Non consentiremos" sen debulla-los mecanismos... é o estilo da política ó que esta proto-democracia nos ten habituados. Os votantes como nenos de teta ós que hai que atraer cun caramelo (ou cunha viaxe) e boas verbas; un insulto á intelixencia.

As campañas cada volta son mais trampulladas contra trampulladas, demostracions valeiras de contido positivo propio e cargadas de ataques e descualificacions a cada unha mais persoal. Que ten de malo saca-la licencia de Patron de embarcación deportiva? seica hai que respostar ós tópicos e non se pode ser político de esquerda e ter 'certo nivel', é mellor ser político de dereita e ter un 'handicap' alto ou ter a licencia e o Iate, non é?.

E por riba houbo a quen lle pareceu mal que se fixera troula coa campaña; eu non o entendo, os políticos puxeron a campaña no entroido, non ó revés. Así que tiveron que aturalo.

Remata este longo "Carnaval" electoral ca derradeira máscara: a da participación, a orde, a limpeza trapala trapala e unha chea de xente carretando xente ou vixiando quen vai ou non a exerce-la súa obriga de votar...malia que o poñan tan dificil.

Entroido 2009

OUUUUuuuu...Cando semellaba que iamos pasa-lo entroido mais frio e nevado dos que levo ido ás máxicas terras do támega, veu un tempo macanudo para a festa. Nin frio, nin auga, nin neve.

Foi unha festa variada; tradición e novidade cun ingrediente ata o de agora non probado: A campaña electoral. Así que lle demos a todo dende o principio, rachando co Folión do venres.

A saída mais carnavaleira do sábado



Dani sacou o cigarrón con gran orgullo, e pasouno pipa mallando nos "rambos" na praza...

Pose de peliqueiro

A especial cita do domingo co rei da festa: O peliqueiro

Volta de peliqueiro

Logo chegou o momento mais esperado dos derradeiros meses na política galega: O debate a 3... O entroido conqueriu que os tres candidatos principais 'baixasen' das farolas para tan especial ocasión e debatiran...



O 'touriñente' non facía mais que dicir: "A plena luz do día, 700 vellos e combrándolle...". 'Dancing queen' Elexiu como tema o "enclavamento do pais, todo enclave de pais para ter ó pais enclavado e que non marche". 'Frijol009' só quería "empezar a ronda de LK's...

Mai o mellor do aspecto electoral chegou coa revelación exclusiva de como se manipula o voto 'inmigrante'....



Tamén houbo, como non momentos musicais para a lembranza eu escollín este "Alalá das mariñas" cantado por Uxía no 'bigotes'...



E momentos televisivos. Por primeira vez conseguin ter un vídeo da farrapada e seguro que se me ve moi ben...



A do luns foi unha noite de éxito sen precedentes...con un resultado de palleira: Todas menos 1 aceptaron a baila. Está claro que incluso as malas novas se dixiren mellor nese ambiente.

O martes disfrutei do momento íntimo dos peliqueiros veterans e as carreiras cos que os vacilan...





Desculpade a lonxitude desta entrada, ben pola contra este entroido se me fixo curto mais abondou para botar en falla ós amigos que non puideron acudir.

Cigarrons

Este ano aproveito o traballo que me fan os da sexta...










Aposta arriscada

OUUUUuuuu...Desta si que me arrisco.

O tema da presunta trama de corrupción soa 'raro,raro,raro' a trucaxe vese cando o dimitido conselleiro da CAM é invitado reiteradamente a dimitir da súa acta de deputado polo PSM e arrinconado polo PP. Qué importancia ten ese feito? home, eu non son xurista mais está claro que o xuiz este con complexo de superestrela leva o caso dun xeito 'público' por algún medio con 'prisa'; esto é, a información filtrase cáseque inmediatamente. E non só iso senon que Garzón está a manobrar para que o caso permaneza nas súas mans; senon como é que o conselleiro ese tivo que dimitir mais non está imputado?...porque si o imputa perde a competencia...Logo o resto da xudicatura non investigaría con igual obxetividade? ou cal é o problema? que si se pasa o caso a outra instáncia deixarían de sair na prensa os nomes que 'aparecen' na instrucción.

Eu preveo que a mais tardar en Marzo a causa se pase a outra instancia na que xa non se atoparán mais indicios e pode, incluso, que os aforados non imputados segan nese limbo un tempo para logo resolverse todo en sobreseimento por falta de probas, fallos procesales ou "caducidade". Outra 'Garzonada' que dí a miña analista política.

Tamén preveo que pronto sairá unha causa parecida pola "banda de Laiño" porque a mediatocracia non se pode permitir esta afrenta e porque precisan temas para enche-los titulares que non sexan unha crise que está por riba de calquer partido ou de calquer iniciativa política porque é unha crise da propia filosofía e fundamento do capitalismo.

O problema é que este caso deixa de manifesto dúas cuestions:

1) É necesario polo ben da democracia que o financiamento dos partidos politicos sexa reformado a un estilo de ABSOLUTA transparencia.
2) É necesario que a xustiza deixe de estar politizada e que se tomen medidas rigurosas coas filtracions de sumarios baixo segredo xudicial e sobre a súa publicación. Ademais, na xustiza habería que escomenzar a 'castigar' a apertura de casos e o gasto en investigacions que non acaban conducindo a nada dun xeito reiterado.

O rancio

OUUUUuuuu... Onte nos discursos de incio de campaña houbo un intre no que pensei que estaba voltando a ver a mini-serie sobre o 23-F esa na que se quere xustifica-la antidemocratica monarquía e a sucesión; digo que pensei que a estaba voltando a ver porque un señor con barba escomenzou a dicir: "Sólo importa España, España por aquí y España por allá" como facian os señores con bigote e uniforme na serie esa.

O mais penoso foi a suposta conversa de fillo e pai..."tú querías ser rey?" coma quen que non lles queda mais remedio que dirixir a esta masa de egolatras edonistas consuminstas na que nos teñen convertido.

Inicious a recta final da campaña de marketing; eu cada volta estou mais contento de non te-la responsabilidade de votar porque non gosto das obrigas de elexir o 'menos malo' que é cara ó que apuntan os mass media e as alternativas non semellan selo por carencia democrática interna ou por inxusticia democrática externa. O único positivo é que a campaña coincide plenamente co que é: un entroido no que cada quen xoga a ser o que non é.

Sen nega-la maior...

OUUUUuuuu... Caza de bruxas, conspiración, ataque... estes e outros calificativos se empregan cando un se sinte contra as cordas e non ten ARGUMENTOS que rexeiten acusacions que aínda non foron formuladas polos xuices mais sí pola sociedade.

E falando de cacerías non vexo porqué agora ter ido de cacería dúas persoas xuntas é tan importante e no 2003 fora unha casualidade 'desafortunada' que Fraga, Álvarez Cascos e o daquela presidente de Repsol e principal beneficiado de todo estivesen de caza mentras certa regadeira deixaba "O maior paseo asfaltado de europa".

Estamos nunha especie de italianización da xustiza; uns ameazan folga e outros son ameazados con sacar á luz o que hai; e quero remarcar que, non estando ninguen libre de culpas similares, se reprochen ataques e cazas e non se faga 'negación da maior'. O "clan da voda" vai ter que elexir entre cantar ou entrega-la cabeza aínda que tratándose de unha "garzonada" o mais probable é que en 2-3 anos xa non exitan probas nin argumentos (que non delicto que ese seguro que se oculta nalgures).

Éralles mellor tomalo con humor...



Os medios de in-comunicación mediatica traballan as súas frontes demostrando que o que menos interesa é a realidade das cousas e que os principios de Goebels se cumpren na sociedade da des-información con maior eficacia que daquela porque os medios son aínda mais poderosos e os cidadans estamos mais desamparados.

E os tempos se fixeron auga...

OUUUUuuuu...Si, sei que teño que coida-la miña imaxe 'dixital', se cadra se non semellara tan 'outsider' ou radikal tería...o qué? non sei; pero os tempos que corren son así como a auga, non se poden coller, adoptan a forma de todo e de nada e hai que saber nadar moi ben nas súas correntes.

É moi interesante ouvir falar da web 2.0 como un xeito de defensa da xente (e as súas indentidades dixitais) fronte a unha hiperdensidade de información e de conectividade, mais eu coido que tamén hai que reaccionar fronte a unha hipertrofia dos mecanismos do mercado para ataca-la nosa intimidade e seguir acosandonos coa publicidade e o condicionamiento social (medos e incertidumes) para mantermonos dóciles e contentos co que hai.

A INFORMACIÓN É PODER SI A COMPARTIMOS.


Este é, ó meu entender, o axioma... cada vez que algúen me pide axuda sobre un tema (normalmente tecnolóxico) eu resposto e partillo o que sei porque sei que en algures alguén vai partillar comigo o que sabe sobre un tema que me interesa... Viaxes, profesión, deporte... así sempre estamos aprendendo i ensinando. Por iso o poder non é capaz de entender, non son capaces de crear, probar e compartir e así están empecinados en controlar a rede e limita-lo movemento.

Outra cousa é saber atopar e valora-la información, saber qué información che importa da que hai na rede e ter unha fiestra e vias de comunicación...

Cara a onde irá o capitalismo agonizante? é dificil de saber, mais ou se pon en valor este movemento de xente que crea, proba e comparte ou caeremos nalgun xeito de estado totalitario Orwelliano.

Preparando a sucesión

OUUUUuuuu...Os feitos do 23 de Febreiro de 1981 foron unha convulsión importante na intrahistoria dos moradores da peninsula ibérica e estase algo lonxe de coñecer qué foi o que sucedeu verdadeiramente e cales eran os fins e os preconceptos de aqueles que impulsaron ós soldados e gardas civís a toma-lo congreso e outros puntos de interese naquela longa noite.

Aínda quedan mais de 2 anos para o 30 aniversario mais RTVE está a promocionar machaconamente un 'remeke' nostálxico sobre o que aconteceu enaltecendo a figura do actual xefe do estado e remarcando a 'intelixencia' do sucesor e a súa preocupación dende cativo polos asuntos de estado...non estaría de mais comparalo coa preocuapación de moitos fillos de dirixentes da república ou de aquela nacente protodemocracia que tamén se preocupaban por si os homes de armas virían a levarse ós seus proxenitores...

A carreira de adestramento psicolóxico da poboación cara a sucesión, o feito mais repudiable do sistema monarquico está lanzada.

As montañas do norte.

OUUUUuuuu...

O primeiro favor que nos fan as montañas é que nos axudan a ergue-la vista
.

Para min é a frase mais senlleira das ditas na conferencia de presentación do DVD impulsado pola plataforma para a defensa da cordilleira cantábrica presentado o día 30 de xaneiro no salon de actos do edificio de usos múltiples da ULE en Ponferrada.

Un pequeno gran documental sobre esta formación montañosa que eiquí estivo antes ca nós e que seguirá malia as desfeitas que o irreflexivo actuar dos humanos faltos de perspectiva.


O DVD narrado por Joaquin Araujo na versión en castelán ten pistas de son en eskara, asturianu e galego (traducción do novo home para todo da CRTVG: Xurxo Souto) e se apoia en fermosísimas fotos de diversos colaboradores da plataforma e nunha banda de son feita específicamente para a obra por Lolo Moldes.

Lonxe de quedar nunha descripción da orixe e características desta cordillera, a obra abrangue os aspectos mais delicados como o impacto das infraestructuras e das actividades humanas e como perxudican á estabilidade dun sistema complexo e rico como é o da montaña.

Hai signos de ameaza e de esperanza; do roteiro que @s cidadans permitamos que se siga dempenderá a HERDANZA que lle deixemos ás persoas que aínda non coñecemos (por non teren nacido) mais ca dependen do que nós fagamos para que non lles pase isto...



Gostei moito da resposta que se deu respecto a como cadra-la necesidade de mais enerxía eólica e a conservación do medio: "Que se fagan os parques eólicos en Marina D'or"...

Silencio de escandalo

OUUUUuuuu...Si, recoñezo o meu silencio durante o tempo no que o conflicto foi público; recoñezo que falar do conflico humano nas terras de Palestina é moi complicado dende unha neutralidade total, recoñezo as miñas limitacions de cidadán medio con acceso sesgado á información e submetido á presión dos medios in-comunicativos e recoñezo que o meu exercicio profesional fai que o argumento principal sexa o da vida.

Teño escrito algunha vez sobre este conflicto e sempre quedo coa sensación de non deixar todo ben dito... agora este 'episodio' pilloume de viaxe e non fixen pública, no seu intre, a observación que me dixo a miña comentarista: "Esto remata coa toma de posesión de Obama" mais sácoa do caixón porque, verdadeiramente, foi así e porque; aínda mais importánte, o mais salientable de todo ese período de criminalidade xeneralizada entre dúas organizacions recoñecidas internacionalmente e respaldadas polas súas poboacions o mais salientable, repito, foi o silencio público-impúdico de Obama.

Nós pensamos nunha manobra calculada, nun deixar facer antes da toma de posesión para logo ter un tempo de 'tregua tensa' ata que o novo presidente tome posición no conflicto...O atasco da situación cada volta me convence mais de que ámbolos actores saen beneficiados polo conflicto; Israel obtén grandes beneficios das axudas ós refuxiados que obrigatoriamente entran polo seu territorio logo de ser trocadas as divisas de pago (€uros e Dolares) en Shekels e mercadas as vituallas en Israel, almacenadas e transportadas por empresas xudeas (···) un bó negocio. Hamás saca rédito do asedio e dos ataques pois cada volta a poboación móstrase mais decidida a acepta-la lei islámica e un estado represivo co obxectivo de liberarse de semellante presión; e hamás fai ben o seu papel de adoctrinamento e de emprego da poboación civil própia como escudo e da allea como obxectivo.

Eu pído disculpas polo meu silencio; mais pouco podo facer nun conflicto no que acusar a uns semella apoiar ós outros.

Riscos e beneficios

OUUUUuuuu... Solbes e ZP se preguntan porqué a banca non presta os cartos que se garanten co plano de recuperación económica; e dicir, cos nosos impostos. Sinxelo, a banca non atopa beneficio dabondo para o risco que calcula; porque, agora si, a banca calcula o risco dos préstamos que fai.

A gran banca española mantén a súa apariencia de beneficios brutais mais precisa das garantías gubernativas...en calquer outro sector deixaríase caer ós débiles e punto.

Eu vexo que co actual tipo de xuro á banca non lle cubre prestar cartos nen co dobre de comisión que estan a cobrar agora.

Engadese o problema da financiación do propio estado que ten agora unha menor cualificación (ainda sendo das mais seguras) e deberá pagar un maior xuro para atraer compradores... o que xerará mais débeda. A nova de que os aforros da seguridade social se van a investir na débeda do estado a mín sóame a 'autocartera'; será dabondo? non estremos a 'enterrar' os cartos das pensions do futuro?.

A situación semella unha pandemia de gripe que está aínda na primeira oleada... quedan outras dúas.

Cando o obxectivo é silenciar.

OUUUUuuuu...A sociedade actual componse de apariencias.

A apariencia de democracia ben coidada ten unha serie de fendas nas que destacan as referentes á elexibilidade dos membros dos diferentes poderes non lexislativos e á potestade dos votantes para revocar a confianza prestada ós electos; mais hai outros aspectos mais ladinos da apariencia democratica que están a ser pasados por alto incluso nos círculos mais reivindicativos coa democracia.

O tema é a elexibilidade e o propio sistema electoral. No canto do primeiro podemos falar das dificultades e impedimentos legais que teñen algunhas forzas que son xulgadas polos nomes que nelas aparecen e se lle fan esixencias que non se fan coas forzas establecidas co único e non disimulado fin de que unha fracción da poboación non participe nos cómicos (si cómicos de comedia) e, alterando as proporcions verdadeiras das opinions da poboación, facer políticas contrarias ás aspiracions lexitimas de esa fracción silenciada.

Do sistema electoral non fai falla explicar moito pois aínda así e todo algunhas forzas do stablishment se ven amplamente perxudicadas polo sistema e, malia denuncialo, non fan nada serio polo trocar.

O certo é que o bipartidismo imperante xa non oculta a súa intención de silenciar e facer desaparecer ás formacions que non defendan a orde económico-militar reinante e as estructuras educativas e de promoción encargadas de asegurar a súa permanencia. Neste estado das cousas qué pode facer un cidadán consciente? Votar.

A primeira e as derradeiras decepcions...

OUUUUuuuu... Hoxe, agora, é o intre no que rematan as promesas e o novo lider visible da potencia que nos levou á actual situación das cousas (finanzas, enerxía, medioambiente, inxustizas...) escomenzará a chocar de xeito doloroso coa realidade, coas trabas, cos rodeos, coa imposibilidade. Escomenzará o tempo da decepción para él e para as persoas que o votaron.

Ó mesmo tempo, no pais dos galegos remata o tempo da decepción para quen confiou no pacto de gobernabilidade e coidou que habería UN goberno galego cun PROGRAMA COHERENTE e uns principios e xeitos diferentes que os que rexeran durante os derradeiros 16 anos.

Será que gobernar é decepcionar? que triste, escomenzar por se decepcionar a sí mesmo...ou non? O poder executivo, elexido indirectamente polo cidadán e lonxano do seu control semella aínda mais alonxado do principio do 'goberno dos bós' que clásicamente se preconizaba; ou se cadra non.

A actual crise é o caldo perfecto para o populismo e para o xurdimento de reximes facistas mais non teñen en conta o plantexamento global do tema e que, desbota a posibilidade de trasladar a explotación laboral cara outra parte (bueno, aínda queda áfrica) porque, si se mira ben, os paises que estan a superar o bache con menos atrancos son os que fundamentan as súas economías na explotación indiscriminada dos seus recursos naturais e humanos (si, polo capital alleo). Unha crise así non se resolve sen mais víctimas.

RIP DEMOCRACIA.

¿Huelga la justicia?

OUUUUuuuu... Si, o título está en castelán...e qué?

A xustiza é unha das travesas que sosteñen a unha sociedade dende que van uns miles de anos os seres humanos atinaron a organizarense como tales; é mais, eu coido que a XUSTIZA está no cerne do nacemento da ferramenta principal de comunicación entre os humanos: a linguaxe.

A xustiza en termos normais faise entre persoas; é dicir unha persoa xulga o que outra fixo (ou non) segundo uns criterios e atendendo (ou non) a unhas probas. Isto é así, inclusive nas teocracias (Vaticano, Iran...) e as persoas que "fan xustiza" están tamén suxeitos a ela... ou non?.

É curioso o caso destes "traballadores" que se auto-impoñen o réxime disciplinario... sería como si en Citroën o comité de empresa puxera as sancions ós traballadores e cando a empresa manifestase o seu desacordo os traballadores se puxeran en folga.

Non resto razón ó argumento do pauperrimo estado da administración de xustiza, o seu atraso e a enorme carga de traballo que arrastra, a falta de planificación de recursos humanos e do emprego das tecnoloxías da información para axilizar os procedementos, evitar duplicidades e mellora-la transparencia e accesibilidade do sistema xudicial. Mais elo xa ven de moito atrás e soliviantarse deste xeito agora non demostra mais que un certo medo ós erros propios moi da moda dos efectos adversos causados pola atención sanitaria...

Moito se fala da necesaria 'independencia' do poder xudicial... mais si os outros poderes están submetidos á decisión DIRECTA da cidadanía, porqué este non?. Non estaría de mais que os organos disciplinarios de xuices e fiscais fosen de elección pola cidadanía.

É preciso un pacto entre estes empregados públicos e a sociedade que antepoña o mantemento dunha XUSTIZA con garantías e eficaz, transparente e accesible e que permita ós maxistrados retoma-la confianza que, perciben, están a perder sen por elo xustificar fallos ou escondelos.

Holgar: Sobrar, ser inútil. (RAE).

¿Huelga la justicia?. Non, a xusticia é precisa e non debera ter motivos para poñerse de folga.