O Paradoxo

OUUUUuuuu

Quero aproveitar a suba de visitas (desta volta algo menor que da outra vez) que sempre deixa tras de si que un medio de grande audiencia como vieiros o enlace a un...

Vieirosmaiseu
Para plantexar un paradoxo que leva, coidamos, grande parte do que acontece no "sermos galegos" e que está detrás das inxustificabels revanchas que algúns se toman "polo ben do galego".

O paradoxo platexomo así: Un cidadán vai a un departamento dunha administración situado en Galiza (por non dicir nunha zona na que o galego é lingua oficial/cooficial) e se dirixe ó funcionario da ventaniña ou mesa en galego; o funcionario (servidor público seica) respóstalle:"No entiendo lo que me dice···". Estatísticamente está demostrado que o galego falante trocará de rexistro, incluso se disculpará co funcionario.

I é que o problema non e a historia continua de fracasos e auto odio senon un presente falto de espiritu sereo e consciente do que somos nós e o que somos no mundo.
Nun mundo que troca moi rápido trocando nós con el a toda velocidade; recibimos e aportamos, ou debéramos aportar, a nosa "céluda de universalidade" sen negar ren pois como dí a miña guia: "A PRÓXIMA ROSALÍA SERA NEGRA"

SLOW NATION

OUUUUuuuu

Seguindo o fio da slow food xurdiu un xeito de vida, unha filosofía na que a vella europa semella verse bastante identificada; desta "filosofia slow" se pode desprender tamén un xeito mais racional e realista de defende-lo própio sen caermos en anacronismos, topiquismos nen revanchas que non fan mais que alonxar á xente que pode sentir esa mesma necesidade de ter una "IDENTIDADE SOCIAL" própia dentro ou organizada nun 'conxunto europeo'.

Nestes días de voltas e ríndome da peripecia do HIMNO GALEGO 'aflamencado' e as contudentes reaccions non só do BNG (que 'picou' ata o fondo dando a imaxe de intolerante "tribo hutu" que se buscou deles) senón tamén de intelectuais versados como Suso de Toro ou Manuel Rivas, percibín con claridade que o orgullo de nación non vai nunha verba ainda que sexa no referente lexislativo mais alto do pais, nen vai nunha bandeira, nen vai nunha canción ou himno; nen sequer vai nunha lingua...

Durante 40 anos de ditadura ou durante 400 de 'seculos escuros' ¿deixou Galicia de seren? ¿deixamos os galegos de sermos?. A persecución da lingua, o afastamento dos centros do poder e decisión, a forzada marcha do pais para gañarmos o pan, a simples 'inexistencia administrativa' de Galiza non conqueriron anulala.

Empregaba Unamuno (e a súa xeración intelectual) un concepto chamado INTRAHISTORIA para falar de como a verdadeira evolución das sociedades tiña pouco que ver cos feitos relevantes (reinados, batallas etc.). Do mesmo xeito coido que a existéncia da INTRANACIÓN non está tanto neses referentes que estan a causar diverxencias senon na conservación, reivindicación e apoio das características que o devir dos tempos e da terra fixeron de nós o que somos: GALEGOS.

¿Serei menos galego por non defini-lo estatuto a Galiza como "nación"?; non, como tampouco o son por vivir no Bierzo ou, ainda mais, como tampouco o era cando vivía en Venezuela e nen sequer sabía que Galiza existía e que os meus vellos non "falaban mal" senon que falaban unha lingua de seu.

E non estou a dicie que non reivindique o recoñecemento desa identidade nos símbolos antes enumerados; o que digo é que non se debe perde-lo referente de que esa "nación incesante" vai por diante de todo iso. Coido mais importánte pordermos facer unha lexislación e unha política medioambiental própia que se adapte ás características do territorio e que se decida no pais que ter unha definición ou outra no estatuto; por desgracia os que NON queren a verba nación no estatuto SI se apoiarían nelo para xustificaren que a política hidrográfica da zona de Verín se decida en Valladolid, que o principal remolcador da costa norte do estado se atope en Xixón ou que as empresas que encoran os nosos vales ou contaminan os nosos aires paguen os seus impostos noutras zonas da península donde venden a enerxía eiquí xerada como si a xerasen alí... Para concretar prefiro mil decisions tomadas: POR, PARA I EN Galiza que unha verba nun estatuto.

E todo isto débese reivindicar do mesmo xeito que os ríos e os mares traballan o terreo cunha inagotabel constancia morna, co "xeito slow". Por que por reivindicar se pode entender non aceptamos mais que as empresas e administracions traduzan o teu nome galego ó castelan "pelexandote" cos funcionarios dos rexistros civis primeiro para galeguiza-lo teu nome, logo "pelexarte" coa autoridade estatal expedidora do DNI para que poña o teu nome galego (nun documento en castelán) e logo refacer tódolos contratos coas empresas para troca-lo teu nome (e, de paso, que fagan o contrato en galego) todo isto sen estridencias, partindo da serenidade do que se considera que debera ser normal porque o revanchismo e "boicoteo" hai que deixarllelo ós verdadeiros intolerantes.

Liderazgo

Bueno si, trátase dun pouco de auto-compracencia ¿é?. Estou abraiado deste traballo do Galopín.

NADAL

Non son meigo mais conxuro
Non son astronomo mais quero
baixar unha estrela do ceo
que non deixe queda-los esforzos valdeiros
que dé ós bós desexos oportunidade
e que o vento da fortuna encha velas e petos
deixándonos a nós mais perto
e ós problemas mais lonxe

Migrando

OUUUUuuuu

Bueno, pois facía tempo que sabía o da "versión beta" de blogger mais como non me deixaba loguearme co nick 'normal' pois non podia chafullar nelo; por unha casualidade puiden probar as características novas ó tempo de axudar a unha amizade e de seguido coidei que ten características positivas mais aló da interface mais gráfica que evita (se queres) que teñas que lidar con código por ningures.

O das Etiquetas é do que mais me gusta; sempre o botei de menos, ainda mais: tentei poñelas via Technotary mais resultabame algo complexo e abandoei a idea. Quedo coa dúbida de si funcionara todo o código engadido que teño (fotografias de galicia, chuza...) e si non se perdería o arquivo; mais xa "migrei" á nova versión (deixou de ser beta esta semana); levoulle un bó rato así que confío en que todo estexa en orde.

Agora teño pouco tempo para me organizar 'mentalmente' pois coido que o principal no tema das etiquetas é que non se cree unha "nube" moi grande, mais tampouco demasiado pequena; pois unha resultaría inmanexable i a outra perdería o valor da clasificación para as percuras (tanto dende dentro do blog como dende fora) teño que mirar no tutorial si o blog ten "etiquetas própias" para evitar duplicalas nas entradas.

Revisarei tamén as opcions porque coido que os feeds estan mellorados mais non lembro ben.

Sorte para os que xoguedes a lotería que a min xa me tocou.

Down back

OUUUUuuuu

Hoxe fun ó cinema na remozada sala "Lauro Olmo" de O Barco, fun afoga-las miñas carencias i esa sede segreda de ilusions nas butacas e na escuridade, fun divagar nas lembranzas doutros cinemas doutro tempo e noutra vila nun filme de lembranzas que axudan a reconducir unha vida valeira.

Facía demasiado tempo que non ia só ó cinema a concentrarme nunha historia, a disfrutar dun traballo meticuloso e dunha paisaxe que soubo merece-lo espazo de pantalla que se lle adicou.

Voltei a sair dun cinema coa sensación de terme deixado algo atrás e de desexar atopar algo ou alguén por diante, é extrano porque coido non ter fallas materiais (como a maioría dos que moramos en occidente) e manteño a mente motivada en múltiples frontes, mais a máxia do cinema fai que un se pregunte sobre cousas da própia vida ou a da vida das persoas en xeral.

Atoparse a un mesmo coas cousas boas e malas de cada un e facer contas é o que facemos cando se achega o 31 de Nadal e a convención anual remata e se inicia unha nova.
Mirar atrás e replantexarse o desxado, o acadado, o posible e o sonado se soe facer no ecuador da vida e compre facelo cunha "ollada exterior" como se vísemos un filme para non sufri-lo impacto dunha realidade que ainda sendo moi boa deixa débedas pendentes.


A carga da proba

OUUUUuuuu

Nestes días de servizos persoais especiais tiven tempo abondo de ler i é o que ten a mente que relaciona cousas sen relación e chega a conclusións e teoremas, ás veces, contraditorios.

Vin onte no xornal (a voz) que a reforma do código penal tentando frear a expansión das mafias e o enriquecimento ilícito en xeral (incluida a "construcorrupción" urbanística) vai propor inverti-la carga da proba co que será(n) o(s) acusado(s) os que terán que demostra-la lexitimidade da procedencia dos seus patrimonios; agora ben queda por aclarar a magnitude do que se entenda por "valor desproporcionado respecto ós seus ingresos legais".

Ate aquí todo estupendo; xa me gustaría a min ver a Botín, Conde etc. etc. explicando o seu patrimonio (incluindo as súas empresas) por non dicir o de tantos prepotentes e chulos que pululan por esas rúas de deus... Tamén supoño que a AEAT ou as axencias autonómicas que a substituan se personaran nos xuizos para tomar boa nota de todo ese patrimonio e da súa orixe co fin de que esas persoas cumplan coas súas obrigas tributarias igual que o resto dos "controlados"··· digo asalariados.

Mais respecto disto da carga da proba tiña eu un certo resquemor i xa sei por onde vai.

Hai uns días chuzei a nova de que a comisión e o parlamento chegaron a un acordo ("mediado" polos lobbies das industrias e multinacionais químicas) para que modifica-la normativa REACH e apartarse do acordado polo parlamento hai un ano. A nova normativa sobor dos productos químicos fai xustamente o contrario que a reforma do código penal; cárganos a nós, cidadans coa responsabilidade de PROBAR os efectos dos productos... voltando a protección dos dereitos cidadans ós anos 50 do século pasado cando a industria do tabaco cáseque levaba ós tribunais ós que se atrevesen a relacionar tabaco e cancro.

Trátase dun evidente anacronismo polo que, como dí greenpeace, os cidadans e a natureza quedamos á vontade da industria química e dos seus accionistas/propietarios (que logo hai accionistas/rentistas que non 'pinchan nen curtan' só son estafados de cando en vez)

Aproveito para vos lembrar que segue aberta a iniciativa "chemical Reaction" (en castelan) de envio de correos os eurodeputados (Membrer or European Parlament) do teu pais para que voten en contra desta redacción da normativa.

Chavez Vazquez

OUUUUuuuu

O dos medios de in-comunicación é a manipulación que non remata. Por terceira volta o carismático e populista xeral ex-golpista Hugo Chavez ven de gañar as eleccions presidenciais (eu conto como eleccións aquel referendum de confirmación) cunha porcentaxe do voto emitido que ningún presidente de goberno español e cáseque nengún alcalde de concello con mais de 25000 habitantes ten acadado en España durante a democracia.

Malia elo a prensa o segue a calificar como dictador; supoño que polo seu pasado golpista. Tamén eu califico a Fraga de fascista polo seu pasado franquista supoño e supoño que polo mesmo podo clasificar así ó partido popular por seren o único que non recoñece a ilexitimidade implícita en tódalas accions xudiciais do réxime franquista durante a guerra civil e o anos de represión posteriores (por iso se opoñen á lei da memoria histórica).

Polo que se pode oir ou ler na prensa semella que o maio "pecado" de Chavez é que implementou programas de subsidio social para as clases mais desfavorecidas baseado nos ingresos petroleiros do pais; segundo eles eso ten "empobrecido á clase media" o que ven a ser que, implicitamente, se recoñece que a existéncia de unha clase media e unha clase rica PRECISA dunha masa de xente empobrecida... e din que o sistema económico e social que pregoan e xusto. Pois a min que mo expliquen.

Na vindeira primaveira terá fin a campaña electoral de concellos, deputacions e autoanemias xerais e voltaremos a ver como alguns continúan nos seus cargos tras 28 anos de DICTADURA CONSTITUCIONAL con escasos 40, 30 ou, incluso 25% dos votos emitidos mais estes señores son reivindicados como próceres da democracia malia ter moitos deles a sombra de escuras tramas de intereses urbanísticos non xa no derradeiro quinquenio (froito da lei do 'todo vale' que fixo o PP) senon ó longo de todo o seu tempo nos despachos. Porqué os cidadans lles votan a pesares de logo queixarse da corrupción, ineficacia e despilfarro das administracions? porque ningúen cree que se poda facer un troco EN SERIO sen que aconteza unha revolución cousa que implicaría a perda de vidas humanas e unha crise no valor das nosas pertenzas.

A min só me queda preguntarlle ós que deciden semellantes tácticas nos mass media si un individuo chulesco como paco Vazquez non merecía tamén os calificativos que lle adican a Chavez e sí coidan que o xeral podería facer de embaixador na santa sé coma o "lalaista" este.

No que respecta á DICTUDURA CONSTITUCIONAL vin na prensa que os partidos maioriatarios sosteñen propostas nas que destaca que o Partido Popular propón que se aumenten as maiorías parlamentares precisas para que se tramiten e admitan reformas de estatutos e da própia CARTA DE CHUMBO (é no que a queren convertir) mais por ningures se menciona AUMENTAR O PODER DE DECISIÓN DA CIDADANÍA... i é unha mágoa pois agora mesmo, e nos próximos anos mais, moitos cidadans desexarían ter a opción de facer referendums de revocacion de moitos concelleiros, alcaldes, conselleiros, presidentes de autonomías etc. etc. mais seguro que a "maioría necesária" non verá preciso nen sequera facer unha comisión de investigación; ¿ou sí?; dependará de como anden de cartos... pois as comisións esas non decididiran ren e non inculparán a ninguén, as súas propostas non se terán en conta, e os seus dictames non servirán para enxuizar a ninguén··· mais cobrar:!!!vaia se non se cobran¡¡¡.



Vin a liña do amencer

na aurora dun sonriso



o abrigo que me sosten


nun ollar coas cores da terra


promesa de redención no son


dunha fonte de voz con voz de fonte




que xustifica cada gota


de suor, bágoa ou sangue.




Crónica do proceso no que ninguen creeu

OUUUUuuuu

Xa está: Acaba de ser vostede pai dun fermoso proceso MORTO lle diria a ZP calquer analista. Veñen as vacas fracas antes da colleita i eso non vai ser nada bó.

Un goberno que non ten apoios estabeis como quedou paténte na votación dos presupostos, no que o partido gobernante non é quen de "negociar" cunha organización territorial para que 'arrime o hombreiro' pactando co que sería o seu mellor aliado e prisioneiro ten agora que cargar co lastre de ter sido valeroso dabondo para da-lo paso cara a un proceso de negociación mais cobarde de mais para levalo a cabo.

Era moi difícil sair desa PINZA creada pola premura da esquerda abertxale que desexa presentarse ás eleccions municipais para evita-lo "aforcamento financieiro" e pola maquinaria mediática e xudicial da dereita axitando pantasmas i esquecendo a outras victimas do terror no pasado e ás futuras víctimas.

Asustados polas enquisas os 'fontaneiros' mandaron dete-lo carro negociador cando tocaba "mover" de verdade e as presas de HB-ETA fixeron o resto; roubo de armas, concentracions, novas campañas de "imposto revolucionario"... Nada novo, pode que nada grave mais SI un xeito de presionar visiblemente que é o que esperaba o PP para pedirlle ó goberno que "non se rinda a ETA" para 'rendirse' a eles.

Pronto será 20-N; ¿sairán a celebrar a continuación da violencia ós que a precisan para manternos esquencidos das verdadeiras violencias coas que convivimos a diario?

O Xérmolo

OUUUUuuuu

Debera eu hoxe falar e refalar do cuarto aniversario do desastre do 'Prestige' mais coido que abondan as novas ó respecto e que hai opinions con mais peso e mais información que a miña que poden dicir o que opino (ou case): O desastre está esquecido nos medios, as súas causas e os seus causantes esquecidos están; as súas consecuencias e secuelas só as vemos o que sabemos onde ollar e só falla porlle data ó seguinte suceso.

Edición 19 de Novembro: en chuza referiron este artigo de Escolar que me semella ecuánime e independente.

Podendes ler este interesante artigo que xa chuzei e mais este monográfico do marine pollution bulletin ou este artigo de "ELpais" sobre o que se esconde baixo a alfombra de area...

Eu o que quero hoxe é plasmar algo que xa por coñecido non deixa de seren certo e que está no cerne dos problemas mais extendidos da nosa sociedade como son a violencia (en especial a mal chamada "domestica"), o egoismo edonista e o consumismo frustrador.

Ven a conto dun chiste vello que voltei a recibir e que dí algo así:
CURSO DE FORMACIÓN PARA HOMBRES

Objetivo pedagógico: Curso de formación que permite a los hombres desarrollar esa parte del cerebro de la que ignoran la existencia.
Los intereses los pagarán sus adorables mujeres una vez aprobado cada módulo.
* Módulo 1: Curso Obligatorio.
1- Aprender a vivir sin su madre (2000 horas).
2- "Mi mujer NO es mi madre" (350 horas).
3- Entender que el fútbol no es otra cosa que un deporte, que quedar fuera del Mundia no es la muerte (500 horas).(···)
Con isto nos estamos a rir da verdadeira orixe do problema i é que os machistas e o machismo non se xera espontáneamente senon que é FABRICADO a consciencia pola familia do futuro machista que lle inculca e lle consinte moitas das pautas de comportamento e valores que logo aplicará ó longo da súa vida e das súas relacions cos demais. Teño unha compañeira de traballo que dí que non existen os homes machistas senon as "nais machistas" e que son elas as que sementan o xérmolo do que logo sairá un machista ou, ainda peor, un maltratador.
I é que como dí este artigo de "o correo" o 88% dos homes seguen mantendo os valores machistas que dan base á violencia de xénero.
Claro que a culpa non é só das nais pois os rapaces ser son un espello do que ven sobre todo para o 'malo' (cómodo ou que proporciona vantaxe); si un neno vé que as fins de semana dempois de traballar os dous toda a seman o pai se ergue e se 'pira' sen tan sequera face-la cama ou preguntar sobre si fai falla algo esta claro que él "se apunta a ese carro" pois é o mais cómodo, si na casa llo consinten ou el ve que este tema xera tensión tentará sacar proveito delo (senon é parvo); si ainda por riba ten unha irmá que SI colabora na casa él quedará impregnado de que ese "es su papel". Xa só lle queda atopar á víctima propiciatoria que 'faga de nai'.
Entón ¿cómo inverti-la situación? pois co exemplo, coa disciplina nos feitos e con estratéxias que fomenten a asunción de responsabilidades no fogar dende a infáncia e o respeto ós demais.


Cultura sen lingua?

OUUUUuuuu

Outro oubeo dun desinformado que cavila en altofalante no canto de permaneceren calado.

Lin sobor dos memes, i estiven a escoitar música e a ver un filme... todo normal na miña vida, disperso e sin senso mais de súpeto atopeime con algo que me fixo estremecer: vin unha cultura que medrou e se fixo forte cos seus memes pululando por todo o mundo e que xa se pode afirmar que NON TEN LINGUA VIVA de seu.

A cultura irlandesa se ben non dun xeito tradicional ten mezclado os seus memes no entramado cultural "globalizante" anglo-americano mais mantendo unha identidade própia, recoñecible por calquera. Eses elementos culturais teñen mutado para adaptarse ó vehículo transmisor (e non falo só da lingua inglesa senón do seu xeito de proceder polo mundo adiante) sen perder a "verdadeira alma". Teño cavilado nelo moitas voltas nos adestramentos e sempre me ven ó caletre unha insidiosa pregunta:

¿Podería sobrevivir unha 'cultura galega' recoñecible sen o galego?

Percurei, na miña memoria sen demasiado éxito e tamén na rede outros exemplos de culturas cunha identidade recoñecible mais sen ligazón a unha lingua viva e supoño que os exemplos abundan nas zonas da terra onde a rápidez da globalización ou de outras dominacions pasadas se afirmou facendo desaparecer a lingua local e impondo a do conquistador; como o caso das culturas Maya, Azteca e Inca nas que os elementos culturais foron 'sincretizados' mais a lingua semellou perderse agás o quechua recoñecido xa como oficial en Bolivia, Colombia, Ecuador e Perú. Tamén me lembrei da cantidade de linguas da Norteamérica que viñan nun vello mapa da National Geographic das que posiblemente moitas desapareceron quedando os costumes deses pobos integrados no "folklore do oeste" como mostra da 'benevolencia' dos conquistadores.

Mais hoxe despertei cunha angustia tremenda dun sono sobre a lingua(galega) e as polémicas que algúns montan no canto dela; uns porque teñen medo de sentirse desprazados ou desprezados por non coñecela; outros, rencorosos, só son capaces de idear medidas de promoción da lingua que "devolvan" a moeda da intolerancia e a imposición 'polo ben da lingua' sen decatarse de que o prestixio do galego vai depender de fundamentarse nunha sociedade verdadeiramente tolerante agora que o tema da inmigración abre unha nova fronte neste eido. Tentando lembrar o final do sono, percurei na súa brétema e achei a resposta que tanto me asustou á pregunta que antes fixen:

¿Podería sobrevivir unha 'cultura galega' recoñecible sen o galego?: Si, o exemplo vivo delo non hai que percuralo na Irmandade galega de Caracas (onde este neno aprendeu a nadar) , nin na de Bós Aires, nen en Xenebra···

O exemplo o temos nunha terra fermosa cun clima idéntico ó da Galicia Política, tanto que Pemán é o único que acerta con él; unha terra que nestes días é un Magosto contínuo, unha terra que velaba ós defuntos á galega, que celebra os Maios, que ten contos e cancions coa tematica e as estructuras tradicionais...

O BIERZO.

LECTURA

OUUUUuuuu

Coa lectura os humans lle damos un significado (previamente consensuado) ós grafemas da lingua na que está escrito ó que lemos. Todos sabemos que a lectura é unha das actividades culturais mais importantes e que debe aprenderse dende cativo sendo o seu fomento unha das principais funcions culturais dos poderes públicos.

Mais existen outros grafemas que tamén son suceptibeis de lectura por parte dos humans que teñen unha cualidade máxica: Todo o mundo pode tirar deles a interpretación que lle pete que sempre terá argumentos para dicir o que dí.

Eses son os RESULTADOS ELECTORAIS; e os de esta noite non ian ser menos... Dentro duns meses veremos cal das posibilidades matemáticamente realizables é levada ó goberno mais xa temos en marcha o xogo de espellos.

¿Que semella quedar claro?; o aumento da abstención; para que logo digan dos galegos. Con esta participación o resultado ten escasa forza lexitima se temos en conta que UN 2% DO CENSO VOTOU "EN BRANCO".

Co resto dos sufraxios escomenza a "lectura". Eu, claro, teño a miña; a que sigue as miñas claves e as miñas teimas e cada quen terá as súas.
Interpreto a baixada do PSC mais como un abandono da formación socialista por parte das persoas mais catalanistas dentro desa formación como castigo ó paso de Maragall á "reserva" que como un transvase de votos cara a calquer outra opción (incluidos Ciutadans). Claro que pode un coller os 5 escanos perdidos polo PSC mais o perdido polo PP e velos transvasados cara a ciutadans e ICV que representarían alternativas menos radicais dende o punto de vista dos plantexamentos territoriais (centrífugo ou centrípeto) e mais preocupados polos prantexamentos sociais. O outro transvase semella claro:o dos decepcionados coas formas de ERC ou coa súa escasa bagaxe xestora dentro do gobern i ese "abandono da nave" se cadra precipitado.
Se miramo-la porcentaxe de voto acadado observamos que o principal aumento se produce pola "parte de abaixo" pois CiU so sube un escaso 0,7%; elo indica xunto coa xa mencionada gañadora (a abstención) e a elevación do voto en branco un verdadeiro cansancio dos votantes cara ós partidos do 'establishment'.

E AGORA?

Pois o mais seguro é que volte a gobernar o que saia dos despachos e non o que din os ciudadans.
ERC segue a se-la bisagra pola que pasan cáseque tódolos pactos mais non pode facer un 'pacto própio'
CiU ten como "descarte obrigatorio" a ICV e do resto de posibilidades só sumaría maioría dabondo co PSC ou con ERC.
O PSC non ten outra opción que non pase por ERC agás CiU, co que o tripartito debera se-la súa aposta.

Veredes que non desboto un pacto CiU-ERC i é que mais estranos compañeiros de cama se teñen visto; os de CiU xa saben que apoiarse no PSC é corre-lo risco de ter que "tragar" en Madrid; ERC podería tomar así cumprida vingaza da 'traición' de Zapiavelo no tema do estatut. Supoño que os esforzos de ferraz e génova se centrarán en desactivar esta posibilidade que tan bó xogo lle podería dar a Cataluña non só no seu goberno senon na súa presencia internacional... extrapolade este bloque de votos (CiU+ERC) ó parlamento da Carreira de San Jerónimo; !!!BINGO¡¡¡, ZP collido na súa própia trampa.

Xa sei, xa sei... Kousas de Kan Tolo.

A morte apostata

OUUUUuuuu

Supoño que este tema terase plantexado xa na "vida real" en múltiples xeitos como a morte de xente de outras relixions ou de xente 'mal vista' polos poderes facticos locais; penso, por exemplo, nos mortos republicanos na postguerra inmediata ós que os seus familiares tiveron problemas non xa para celebrar unha cerimonia relixiosa, senon para darlle terra no cemiterio local ou parroquial.

Teño de min que nos modernos cemiterios municipais non se plantexan problemas confesionais á hora de enterraren ós defuntos mais estas situacions se seguen a producir nas pequenas parroquias con cemiterios situados, segundo a tradición secular, dentro do adro da igrexa. Descoñezo si se trata de propiedades comunais (públicos) ou da igrexa que de todo haberá, mais sen dúbida pode tratarse dun detalle fundamental á hora de que un finado pase o resto do días no camposanto da súa parroquia.

Outra cousa mais complicada poden ser os símbolos e inscripcions das lápidas sobre todo no referente a individuos de confesions relixiosas diferentes á maioritaria. A clave semella estar na titularidade do terreo mais todo sabemos como funcionan as "sociedades latinas" e as contínuas interferencias da clase relixiosa e os seus adeptos mais acérrimos para que todo sexa "como deus manda"...ó traveso deles, claro.

Bueno, ó caso, a morte vennos a igualar a todos e as obrigas legais dos nosos parentes e dos poderes públicos levan á necesidade de dar terra en condicions seguras e trazabeis ou, no seu caso, a cremar, e gardar debidamente ós restos do defunto. Polo que non deberan ser estes medos impedi-la toma da opción apóstata.


A constante galega

OUUUUuuuu

Un país dá e recibe, proporciona prosperidade e fai prosperar na medida na que a súa sociedade é quen de aproveita-las oportunidades que ten nel.

O Silicio é un elemento relativamente abondoso na natureza mais a súa presenza en forma industrialmente aproveitable non é moi común concentrándose en xacementos de cuarzo de grande pureza que soen explotarse en canteiras a ceo aberto.

O silicio é un mineral estratéxico tecnolóxicamente pois emprégase en multitude de compoñentes electrónicos utilizados en electrodomésticos i equipas informáticas e tamén se emprega nos paneis solares fotovoltáicos, paneis que son fabricados en Alemania con compoñentes provintes dos paises nórdicos que os fabrican con silicio provinte de...

O Pico Sacro; monte mítico perto de Compostela, brila ó sol das tardes o seu cúmio branco de cuarzo purísimo cun 90% de silicio. Dende alí arrinca un filón cunha fronte de ate 40 quilómetros con diferentes profundidades que dificultan a súa explotación; mais o que actualmente está a causar problema ó aproveitamento deste recurso case único é un entramado de intereses políticos i económicos que, xunto coa nosa cegueira, nos matan de sede no oasis.

A pólemica canteira (a da foto) da zona de Boqueixón vese afectada polo trazado (1 dos 3 propostos; si, 3 e non 2) do novo tren non-lento de Compostela a Ourense e o seu actual propietario (que moita historia de cambalaches ten esta industria) solicitalle ó estado 900 millons de €uros de lucro cesante pola expropiación da canteira e negociou co anterior goberno da xunta outras "contraprestacions por deixar ese ceo aberto sen renunciar á explotación do resto da fronte do filón. Todo isto sen explicar ninguén como é que este mesmo señor pode estar "nos dous lados" da mesa... e sin garanti-los postos de traballo da xente que está agora na canteira.

Mais eu non quería falar de embrollos nen politiqueos senon dos feitos: como noutros tantos casos temos un recurso, neste caso único, e deixamos que o noso papel sexa o de unha nación do terceiro mundo exportando a materia prima para voltar a mercala pagando un alto valor engadido; iso cando non se colle o recurso e se emprega como recheo de obras...

¿Pechará algun día Galiza o ciclo productivo e integral (que inclue I+D+i, reciclaxe e procesado) de algún dos seus recursos ou será esta a CONSTANTE GALEGA?.

Conservacion, caza e lobos

OUUUUuuuu

Sin que tivese moito que ver coa nova de que un ou varios lobos teñen baixado á chaira berciana na semana pasada tiven unha interesante conversa cun amigo moi afeccionado á caza que me ten catalogado no grupo de "eco-sexual intransixente" porque lle contei o que facía de novo para chafa-las batidas (de lobo e porcoteixo) do meu pai e os seus amigos...

Como en todo na vida o punto de equilibrio ten dificil definición e ainda peor atopamento. Segundo este amigo e os exemplos que me puxo, as medidas "ultraconservacionistas" dictadas pola administración non traen mais ca problemas ós paisanos das zonas rurais e fomentan un desequilibrio entre especies co 'excesivo' aumento das especies protexidas e a diminución das súas presas naturais; Por exemplo faloume do escaso número de exemplares de caza menor que ten feito que alguns cotos decidan "vedar" a perdiz para este ano. Pola contra, o exesivo número de xabarins, lobos, raposos e demais animais de caza maior xera problemas nos entornos dos seus habitats (destrozos de hortas e cultivos, ataques ó gando...) ós que as administracions non respostan mais que con expedientes burocráticos e longas esperas. Tamén me citou a presencia dunha colonía de Cormoranes no encoro de Bárcena (cousa que eu non puiden confirmar) que xunto cunha 'sobreabundáncia' de nutrias ten feito desaparecer ás troitas.
Comentando sobre estes temas veu a dicir que os cazadores son mellores conservacionistas que os "paseantes de campo" e que xeran un gran movemento económico que beneficia en primeiro lugar e directamente ós núcleos onde se caza. Segundo él os cartos pagados polos cotos (auténticas millonadas) revirten en obras de conservación e mellora das aldeas e das pistas nos montes. A súa idea de equilibrio ven expresada pola cantidade de burocracia que se ten que mover ó redor dun coto: Plan cinexético quinquenal autorizado e homologado, "cuotas de caza", vedas e un complexo sistema de permisos, avisos e anúncios (iso si, en misteriosos medios como os boletins oficiais da provincia) para as batidas. É mais, seguindo o seu razonamento, afirmoume que os maiores interesados na subsisténcia das especies cinexéticas son os própios cazadores que co seu 'labor' conteñen o número de individuos das especies da parte alta da cadea.
Falando sobre o sendeirismo e a recollida de setas veu a dicir que os días de caza non se podería andar polo monte ou facelo "baixo a túa responsabilidade" pois nas zonas marcadas como coto xa se sobrentende que eses días hai perigo.
Non estaría de mais que nos carteis dos roteiros e zonas de aparcamento habilitadas (por certo, ¿pagadas por quen?, ¿con que obxectivo?) se sinalase a existencia dos cotos, días de caza do calendario xeral e, os días de batidas, se colocase un aviso específico.

Agora eu teño algunhas preguntas; non para tí, amigo, que sei que percuras ese equilibrio tanto coma min..., mais sí en xeral. Si a caza se "autoregula", ¿Porqué algunhas especies cheagron a desaparecer de amplos espazos da península entre os anos 70 e os 90?. ¿Non serán os cultivos, hortas e gando os que están a invadi-los terreos e hábitats destas especies?. ¿Que ocorre co furtivismo, non se conta con él para nada?···

Unha medida conservacionista interesante podería ser entrar nas poxas polos cotos (as adminstracions e as organizacions conservacionistas), mais para NON CAZAR ; ou establecer unha especie de "dereito de tanteo" que permita que por unha cantidade similar de cartos á mellor oferta por un coto unha organización conservacionista ou unha administración se faga cos dereitos do mesmo... Así se evitaría que fose a codicia económica a que acabase 'obrigando' ós núcleos a sacar ós cotos a subhasta.
Outra medida de control que se pode empregar é cercionarse/certificar que os membros/propietarios dun coto RESIDEN na zona do mesmo a maior parte do ano e, polo tanto, que sí se van a preocupar de que os cartos recibidos polo coto se empreguen nas melloras de infraestructuras sinaladas; porque como no tema dos lumes nos montes (co que está intimamente relacionado) é a paisanaxe a que, alentada polo beneficio económico que pode tirar das súas actuacions, opta por camiños que poden ser catastróficos.
Non esquezamos que, si ben o monte é patrimonio de todos, existe o dereito á propiedade e que o significado de "monte comunal" non é o de 'propiedade de todos' senon un xeito pouco común de propiedade e xestión dun espazo que NON ten porque ser "natural" (seguro que hai montes comunais a menos de 5' do centro de Vigo).

Mentir é gratis

OUUUUuuuu

Após corenta anos ainda queda lixo radioactivo que limpar en Palomares; EEUU e o CIEMAT asinaron un acordo para a limpeza e descontaminación desta pedanía de Almería na que caeron os restos dos aparellos implicados nun choque aéreo.

O acordo publicado o domingo non ven acompañado pola famosa foto propagandística dun cargo político do réxime vixente bañandose na praia con toda normalidade...Mais, desa mesma persoa, agora senador, ven unha agresiva entrevista (que curiosidade) na derradeira páxina do xornal gubernamental.

A min pareceme ben que se tomen medidas no canto de elimina-la contaminación en Palomares ainda que sexa 40 anos dempois... O que me pesa é pensar cantos "Palomares" descoñecidos temos. Moitos, moitísimos incidentes industriais acontecen en todo o planeta sen que se faga eco deles a 'propaganda in-comunicativa', e sin que se abra nenguha clase de investigación ou seguimento epidemiolóxico das zonas afectadas e dos seres vivos que nelas habitan.

¿Que foi da rotura da balsa no 'entorno de Doñana'?... Silenzo, non interesa nin para o futuro turistico da zona, nen para a minería, nen... Unha especie de 'Komplot' entre autoridades, empresas, veciños e difusores de novas acaba sempre no mesmo; a nova, segundo a gravedade, pode chegar a estar un mes no cabeceiro, logo vai pasando a segundo termo, ós 6 meses algúen se lembra dela, no aniversario publícase algún "artigo de fondo" (deses que quedaron no caixon dos editores cando a nova estaba no cumio) e logo vaise perdendo a pista no tempo...

Ven ahí outro aniversario do feito que partiu e alquitranou o meu corazón; seguen a darlle voltas politicas ó tema, os tribunais seguen a deliberar, os estudos cada volta son mais confusos, os fondos para a recuperación empregáronse con maior ou menor acerto en camiños de madeira pola praias, accesos, etc. A xente da zona segue emigrando caladamente como caladamente aceptou os cartos por calar neses días.

A verdade: a recuperación do medio, o estudo dos efectos de semellantes catástrofes, a repercusión social destes feitos... nada interesa; a consigna sempre é "apariencia de normalidade" e teñen razon en tanto que os cidadans esquencemos, imbuidos pola droga diaria das pantallas e os altofalantes, que mentir non debía ser gratis e que as mentiras non só se xulgan nos tribunais.


Pensando en global e actuando en local

OUUUUuuuu

Nestes días cadráronme dous feitos que reflexan como a capacidade de adaptación dos humanos é unha das causas da falla de solucions REAIS ós mais graves problemas do noso xénero e do planeta que habitamos. A nosa capacidade de adaptación e tamén o marco culturo-publicitario centrado no "Ego-edonismo consumista".

O xoves pola tarde o cativo mais eu fixemos dous desprazamentos pola nosa pequena cidade en bicicleta... por non deixar algo por facer e porque facía un día esplendido. Tan sorprendente lle resultaba a algún conductor que dous ciclistas fixeran as rotondas que lles custaba cede-lo paso e/ou non arroiarnos mentras completabamo-lo xiro polo carril de fora. Chegamos sen novidade mais non quero imaxinar ese camiño con chuvia e/ou de noite (ainda cos chalecos reflectantes). Conclusión: Os concellos 'pillan' cartos europeos para festexar a semana europea da movilidade pero non fan ren REAL para cumplir cos preceptos que eses actos proclaman; como por exemplo colocar aparcadoiros para as bicicletas nos edificios de uso público...

Onte, Venres, polo 'lusco e fusco' tiven que ir ate o centro comercial cos dous cativos e fumos no coche... No tempo dos atascos que provoca habitalmente a hora de saida dos traballos tivemos ocasión de escoitar un documento moi intersante: O programa que "Un mundo feliz" de Radio-3 lle adicou ó troco climático (ainda non está na sección de descargas) Foi unha boa experiencia escoita-los argumentos e os datos sen tremendismo e sen 'panos quentes'. O troco climático está eiquí, Nin os mais escepticos na década dos 80 se atreven agora a negalo (eso si, nin se disculpan nin recoñecen os seus erros) i está íntimamente relacionado co consumo enerxético de combustibles fósiles, a deforestación e outras actividades dos humanos. A súa progresión é tal que ainda que agora mesmo cesasen as emisions de CO2 o aumento de temperatura e as variacions nas precipitacions seguirían.

Entre os datos se falou do derradeiro informe do IPCC (panel intergubernamental sobre o troco climático) sobre o CO2 que serviu para falar da escasa repercusión real que están a ter as medidas propostas no Tratado de Kyoto e dos organismos emanados da posta en marcha do control de emisions; percurando pola internet un pode atopar a oficina europea de control e prevención da contaminacion (EIPPCB) e a moi interesante páxina do EPER (inventario europero de emisions contaminantes) na que se catalogan -seica- tódalas industrias e os informes de emisions de cada unha delas: o "seica" ven a conto de que no Bierzo saen como contaminantes Roldan, Cosmos e Anllares (as tres con datos de 2001) e non sae Compostilla nen outras···

Todo o cal segue a demostrar a escasa ou nula presencia que este problema ten no noso actuar cotidiano i é que cando un problema chega tan paulatinamente os humanos non somos capaces de toma-las decisions (incómodas e precisas) que o poderían solucionar e preferimos acollernos a medidas paliativas que nos permiten "ir tirando" sen ter que renunciar a todo o que nos anúncian unha e outra vez e o que a "presión social" fai que sintamos como imprescindible... A confusión de Liberdade e Independencia coa capacidade de desplazamento que otorga o vehiculo própio, a confusión entre ir ben vestido con levar a roupa da temporada actual, o convencimento de que só somos un gran de area nunha praia e non podemos facer ren. Mais, ¿que son as praias sen os grans de area?; no programa recomendaban reflexionar sobre a frase que encabeza esta entrada "Pensar en global e actuar en local" e suxería que a mellor solución non existe, mais sí existen múltiples solucions que poden contribuir a reconduci-los problemas. Estas medidas pasan porque os cidadans presionemos non só ós políticos, senon tamén ás empresas e na nosa comunidade para por sobre a mesa tódolos días estes feitos e as súas solucions.
Co obxecto de ilustrar a falta de capacidade que podemos ter para valora-la envergadura real do problema debido á adaptación ó medio própia dos seres vivos relatouse o (seica) famoso experimento da rá:
Se pomos unha rá nunha pota de auga fervendo esta sáltara cara afora tan pronto como puder...Se pomos unha rá nunha pota con auga morna e a imos quencendo lentamente ata fervela a rá DEIXARASE COCER VIVA...

Non cabe dúbida de que o actual sistema político non premite que as preocupacions da xente de a pé chegue con claridade e forza dabondo ós centros de decisión (económicos e políticos) por eso, a laboura hase semellar mais ó traballo das formigas que o dunha paleadora.

A mais grave das fallas

OUUUUuuuu

Xa fai moito que reflexionei neste tema mais voltoume á mente nestas horas pola coincidencia da publicación de dúas listaxes similares, mais non idénticas nen na súa orixe nen no seu valor, dos "pecados capitais".

A nova humanidade que semella albiscarse ás veces polo medio das barbaries e as baixezas dos telexornais ten entre as súas constantes prescindir dos clásicos "pecados capitais" (Soberbia, Avaricia, luxuria, ira, gula, pereza i envexa) chegando incluso a enaltecelos dentro dos ideais "neo-con"; Tal é o caso da avaricia e a soberbia das nosas clases dirixentes ou da pereza e a luxuria das hordas que enchen os locais tódalas noites...ou a envexa deste que suscribe.

Unha das listaxes de novos pecados das que falo saiu a conto dun acontecemento como foi a visita de Eduardo Galeano a Compostela estes días; este escritor falounos da riqueza da nosa sociedade e da carga de culpa que ten (temos) da pobreza do resto do mundo e citou esta lista de pecados:

  • "Ser superbranco"
  • "Ser supermacho"
  • "Cuspirlle ao espello"
  • "Exprimir ao próximo"
  • "Matar ao mundo"
  • "Mentirlle á vida"
  • "Obedecerlle ao medo."


Nela percibimos a preseza de valores vellos mais tamén de valores novos que nos deberan guiar na nova realidade mundial á que nos enfronta a "Tontalización" (ou como dixeron os RHCP a 'Californication') na que pedi-lo galego na escola é mais crime que apoiar a un exercito que invade un pais matando 20000 persoas.

A outra listaxe non provén do noso medio e non ten unha orixe reflexiva e argumentada mais resultame curiosa e salientable i é a que publica a BBC na súa web na que fan unha enquisa (O ceo e o inferno nunha enquisa) que conclue cales son as actitudes peor vistas polos británicos:
  • crueldade (39%)
  • adultério (11%)
  • fanatismo (8%)
  • deshonestidade (7%)
  • hipocresia (6%)
  • envexa (6%)
  • egoísmo (5%)

Sorprendeme a alta porcentaxe do adulterio... ¿realmente son unha sociedade tan moralista?; dende logo si que é un sitio onde os políticos son 'defenestrados' por asuntos desa índole, non como eiquí que os que mais se opuñan á lei do divorcio foron os primeiros en facer uso dela e algún mais de unha volta.

Eu, que ainda me sinto novo (por non decires neno) sego a pensar que a peor das fallas é FALLARSE A UN MESMO.

Unha alternativa á apostatía

OUUUUuuuu

Ós agnósticos, ateos, anticlericais ou simplemente cristians en desacordo coa xerarquía da igrexa e a súa descomunal hipocresía aceptando e apoiando ós que teñen TODO mentres lle falan das virtudes cristianas á xente de a pé. A todos estes só nos quedaba a alternativa de nos borrar dos rexistros (apostatar) da igrexa para non ter nada que ver con ela mais...

¿Pensastes que o do "Bureau-fax con acuse de recibo e certificado de contido" das telefónicas era un xeito de impedi-la baixa de contratos abusivos?; iso non é nada comparado co complicado que é a apostasía sobre todo si non vives no territorio no que fuches babtizado...

Porque a igrexa sae rápidamente clamando pola liberdade de consciencia dos pais para que se poda "obxectar" fronte a nova asignatura da educación primaria 'educación para a cidadanía' mais nunca recoñeceu nen ofreceu ese dereito respecto á asignatura de relixión e, de feito, os centros de ensino relixiosos (ainda os subvencionados) non ofertan alternativa ó respecto. E menos aínda recoñece o libre albedrío das persoas para se borrar dos seus rexistros.

O certo é que existe un bó número de recuros e fontes de información e divulgación sobor do tema, incluindo unha alternativa puramente galega (ARRENEGO) mais eu, polo problema antes comentado non acabo de facelo.

Nestas veu o vaticano a darme a solución···(que non a absolución)

A Excomunión

Xa sei que non é o mesmo pois a igrexa o describe como unha exclusión parcial da vida da igrexa privando ó individuo dos sacramentos e, polo tanto, do recoñecemento de deus. Mais é unha forma de que a igrexa lle recoñeza a un como 'disidente' e, con elo, lle asigne o dereito a obxectar das súas directrices.
O de conseguila xa debe ser outra cousa; polo momento sei que hai que incurrir en certas faltas que marca o código de dereito canónico para ser condenado a esta "pena medicinal".
A min a que mais me mola é a do CISMA e me gustaría que a relixión que se propuxo entorno a Yolanda Castaño fose aceptada como causa...
Sería unha dupra publicidade que non tería prezo.

O esperado

OUUUUuuuu
Si moita xente ve con desánimo o acontecido nas derradeiras horas a min non me cabe dúbida de que era de esperar...

Zapiavelo sabe tanto de tempos políticos como "Ansar" e manéxaos sen complexos. a reiteración dunha mensaxe non lle dá mais credibilidade mais sí fai que, a quen vai dirixido, o acabe por creer. Dentro de uns anos sairá nos medios dicindo que el nunca negociou con ETA e que tiña que darlle unha oportunidade á paz.

O sucedido ten, ó meu modo de ver, dúas explicacions fundamentais...
Dende unha banda trátase de subi-la aposta para conquerir un obxectivo primario; dempois de anunciar unha tregua "Indefinida e Permanente" o mundo abertzale coidou merecer poder voltar ó 'terreo de xogo' electoral (que non democrático, a democracia é outra cousa) así, tan ricamente... ¿por qué ese interese?; porque saben que o poder atrae mais poder e cartos. A esquerda abertzale está a piques de perder a parcela de poder que ten nos concellos de euzkalherria e con ela a representatividade que, coidan, os lexitima e os fondos asignados por eses resultados electorais ademais do control de moitos cartos públicos que eran empregados en moitas ocasions como fondos de libre disposición polas organizacions afins. Precisa pois, de poderse presentar ás eleccions municipais ainda que non crean para nada no sistema democrático (e non afirmo que este o sexa totalmente). ZP aconsellado por "Rubalgoebels" e os expertos antiterrorismo quere deixar pasar estes cómicos (si, pon cómicos) para completá-la estratexia de estrangulamento financieiro do independentismo vasco.
Mais adiante non terá problema en deixar que se presenten ás eleccions autonómicas para que continúen a contrarestar ó PNV-EA forzandoo a pactar co PSE-EE.

Pola outra banda; esta situación non é allea ó alonxamento ZP-Maragall escenificado co "cepillado" do estatut e a ruptura con ERC que, non esquezamos, fora quen 'petara na porta' de ETA (se cadra no nome do PSOe) para inicia-lo proceso. Polo tanto o inmovilismo de ZP era unha estratexia dobremente calculada tanto ollando ó panorama interno de Euskalherria como ós seus própios intereses electorais pois, nos próximos cómicos autonómicos e municipais a mensaxe da "España rota" e a "rendición ós terroristas" ia facer moito dano no equilibrio electoral...

¿E a paz?. A paz depende directamente do significado que os actores do proceso lle otorguen á verba "negociación" e a expresión "Prezo político". Nen se pode esperar a convocatoria directa dun referendum de autodeterminación de Euskalherria, nen se pode seguir baixo a dictadura dun pacto acadado hai 30 anos.

Se pensabades que "o esperado" se referise a outra cousa xa debidades saber que esas cousas lle acontecen a centros de parellas tódolos días e que eses nenos recen concebidos merecen TOD@S á mesma oportunidade de acada-la xefactura non hereditaria dunha forma de goberno realmente libre, igualitaria e democrática···"de cuyo nombre no quiero acordarme".

Writely

OUUUUuuuu
Estou a probar este procesador de textos online chamado Writely que permite comparti-los documentos con outros usuarios (cunha conta gmail) ó mesmo tempo; as opcions de edición semellan aceptabeis e o meu PC non se colga coa aplicación...

Probando formatos

Alea jacta est

Alea Jacta est

Pódese editar o texto como Html e/ou exportalo como .doc, .pdf, .rtf, openoffice. Incluso se pode xerar un fluxo RSS, ver como páxina web ou como vista de impresión.

Éstá ben preparado para a web 2.0 pois permite a inclusión de tags no documento facilitando a súa clasificación e as percuras posteriores...

Os textos pódense enviar por mail, publicar na web ou enviar a un blog e as revisións se gardan nun historial.







Concordato

OUUUUuuuu

No consello de ministros de onte a vicepresidenta informou tímidamente do acordo acadado coa conferencia episcopal no canto do financiamento da igrexa católica. Un acordo que, se cadra, veu algo forzado pola necesidade de presentar antes do mes de Outubro os presupostos xerais do estado no congreso... Así as cousas e tratándose (ó meu modo de ver) do derradeiro ano no que o actual goberno podería presionar sen temor ó "kan electoral" pódese afirmar que é un paso positivo tendo en conta de donde vimos e de hai canto tempo se viña arrastrando esta situación de provisonalidade.

Quedan cousas por mellorar para podermos considerar, non xa un estado láico, mais sí que exista separación real entre o estado e o seu goberno e a igrexa. Por exemplo que este sistema de financiamento, no que o sistema recadatorio das administracions é posto ó servizo do culto relixioso, se poña ó alcance de todolos cultos recoñecidos no estado...

Pode que a Conferéncia episcopal tampouco estéxa moi leda pois tardaron mais de 5 horas en emitir un curto comunicado cos puntos esenciais do acordo "retocados" dende a súa óptica remarcando que a igrexa "renuncia a" cando o pago do IVE e a asignación presupuestaria non eran temas a negociar pois o pago do IVE é unha obriga para TODOS e a asignación era un parche (malo) do anterior concordato.

No foro de concordato.org non hai tanto movimento como sería de agardar dado o alcance da nova respecto ó inmovilismo habitual neste tema. Se cadra ningúen o cree até que se publique no BOE.

Tailandia

No que respecta ó acontecido neste pais non saio do meu asombro en como se está a pasar de puntillas polo tema... O goberno español non valora de xeito nengún o truncamento do goberno elexido limitándose ás recomendacions para os turistas como si de un fenómeno natural se tratase. E os principales persecutores dos golpistas como Chavez (partido popular) semellan nen saber o qué acontece alí.
Os medios transmiten unha sensación de paz e sosiego xeral como se de verdade o principio democrático da elección dos gobernantes non se vise atropelado pola presencia de xente armada nas rúas. Vergoñento.

¿Que interesa de verdade?

OUUUUuuuu

Vexo, outra volta mais, como os debates políticos e os comunicados da prensa empregan o tema dos lumes como outra ferramenta mais da loita contínua pola audiencia electoral. A tregua entre os partidos do goberno galego rematou hai tempo porque ámbalas formacions queren 'sacar tallada' do escasamente feito aproveintando unha posible descomposición do PPdG (vamos, que están a vende-la pel do oso antes de cazalo).

Así, o obxectivo do PSdG semella ser o de responsabilizar da catástrofe ó BNG sen 'verse salpicado' por elo i neso anda "El pais" e a demais da maquinaria mediatica que teñen ó seu dispor...

Entroques a "parte afectada" do BNG (que dentro haberá de todo, digo eu) cae na esquizofrenia de non facer o que pedía dende a oposición e si facer o que criticaba... A derradeira comparecencia de Alberte Blanco no parlamento podería estar calcada de aquelas que facía Romay nos anos 90 mostrando os paracaidas incendiarios e outros medios empregados para prender lume no monte.

¿E o PPdG?; facendo gala do seu bó talante o PPdG cumplimenta o panorama político facendo o que xa non fan "os outros", isto é: Manifestase e presenta querellas sen tino agardando que os seus rivais se 'fagan sangue' entre sí para deixar eles de sangrar···

E neste tempo segue desastre e o misterio, o monte queimado non se vai recuperar doadamente (ou si) e A VERDADE quedará oculta. Teño a esperanza de que, como dí unha heroina dos videoxogos,Wo oculto está para ser descuberto" e que se acabe por saber cómo evitar este mal que destrue o futuro.

Homenaxe

OUUUUuuuu

Coa entrada do temporal desta madrugada semella que remata por este ano a tolemia dos lumes... Como a crítica e a senrazón abondan e os argumentos están velados polos intereses voume limitar a rendir unha homenaxe ó traballo da xente que loitou este verán contra o lume simbolizado no mais visible do seu esforzo.







E agora?

OUUUUuuuu

Ainda tentando manter unha obxectividade raiana coa inocencia o certo é que quedou plenamente demostrado que a xente do partido popular non distingue entre a actuación política do seu partido e as obrigas institucionais das entidades e institucions que ten a responsabilidade de xestionar por mandato dos cidadans e aplica neles o axioma que levan metido no caletre dende meniños: Quen non está conmigo está contra min...

¿Que temos?; unha proba de que acción de oposición non se basea na argumentación ou na presentación de alternativas senon en planificar estratexias a tódolos niveis para obstaculizar calquer acción de goberno.

¿Explica isto a rara distribución xeográfica e temporal dos lumes de Agosto?: Non por sí sólo mais agora calquer cidadan debe calibrar si poden existir grupos de individuos dentro desa gran organización que pensaran en "complementar" esta estratexia formal con 'luces' ou silandeiramente presionando a supostos perxudicados polos trocos nas cuadrillas (xefes que deixaron de selo, etc...) ou polas medidas que se ian tomar na xestión dos montes.

¿Ata donde se está disposto a chegar polo poder?


Lume

Son consciente de que só falo dende un punto de vista externo e nada academico mais non podo deixar pasar o que aconteceu naqueles apocalipticos días de Agosto sen tentar reflexionar ainda que sexa ó xeito dos filósofos sofistas.


PARADIGMA: O PRINCIPAL CULPABEL DO LUME É QUEN O PRENDE


A hidra das 1000 cabezas (ou 101 segundo un informe da asociación de guardas forestais e as súas propostas) pode non ser mais ca unha conxunción de factores favorecedores e cento unha persoas que cometen "un erro" (cando menos ético). Dende logo non teño coñecementos nen información para dicir si foron os trocos nas cuadrillas forestais (compoñentes, xefes, medios, distribución, organización...) ou as condicions climáticas (seca de mais de 1 mes e nordés de 0 km/h) as que provocaron este desastre e menos teño autoridade para contradicir á xente de ADEGA, Verdegaia, FEG e, sobor de todo a SGHN no que respecta á non existéncia dun complot organizado ó redor dos lumes forestais, mais...

Invítovos a que estudiedes os mapas de lumes de mais de 50 Ha da EFISS dos derradeiros anos e o deste ano até o 14 de Agosto...







Isto ten mala explicación estatística...

O que non pode ser é que un goberno que ten que pedir axuda estatal i europea se pase 8 días dicindo nos medios que "a situación vai mellorando...", que un dirixente político insinue que os traballadores ó seu cargo non fixeron ben o seu traballo e que nin él ni ninguén do seu escalafón dimita por non ter sabido dirixir ou organizar mellor ás cuadrillas e que se caia no xogo das insinuacions públicas de "gran complot" ou "obstruccionismo" e que non se leven as probas ós tribunais... Machiños que estades no goberno a quen lle toca falar doado é os outros que o fixeron de puta pena (a fotiño da mangueira é degradante); e non, non hai que caer na cantinela de que 16 anos de mala política son a orixe do problema e son difícil de trocar: HAI QUE FACELO.

Grande Descuberta

OUUUUuuuu

Nunha nova etapa da nosa "tournee" mundial fumos dar ás británicas illas e descubrimos con grande sorpresa que até as institucions mais serias e renombradas son obxecto de estafa por parte de xente sen escrúpulos e se non mirade estas dúas pezas do "Britihs Museum"...


Video das Pedras de inauguración da cidade da cultura que Fraga gardaba para o remate do seu mausoleo.

Eiqui tendes unha proba gráfica dun relieve supostamente asirio do rei Asurnasipal (Ese sí que é un nome maxestuoso e non Juan Carlos, Felipe, Isabel ou Carlos) con tremendo "peluco" Rolex.
Asurnasipal con Rolex

Bueno; que fumos, que todo foi ben e que reimos un rato (¿e serían as pintas?, serían)

Tendeuse a moza galiza

na praia das mil festas

do sol a disfrutar...

mais ¿que seria o que

veu a súa faciana manchar

con pecas marrons e negras?

¿como sería en tan pouco tempo

i en tan concreto lugar?.

Mil cabezas ten a hidra

do lume forestal;

son paisanos os que o encenden,

e os que acoden ós apagar.

Os politicos non entenden

do monotono fungar;

o noso capital arde

¿porqué alguén o quere queimar?.

Cinzas, fume, noite pecha no serán

tristeza da nosa moza

arde que te arderás

mágoa nas nosas festas

e bágoas para o apagar.

Primeira trifulca

OUUUUuuuu

Un ano dempois de se acada-lo acordo de gobernabilidade a 'parella' está a vivir a súa primeira trifulca. Centrarse en quen ten razón non vai facer mais que agranda-la bola de neve e levar o que é un puro formalismo a un plano de confronto mais profundo que pode rematar quebrando verdadeiramente o entendemento e, polo tanto, a efectividade da acción de goberno.
A realidade do tema non é que o BNG faga uso da súa independencia e aplique os preceptos dun goberno civil, emanado do pobo soberano e láico e non se quera "face-la foto" na catedral coa curia; o verdadeiro 'quid' da cuestión estivo na adxudicación das licencias de TDT locais e, seguramente, non tanto por a quen se lle asignou senon polo "reparto" desas asignacions... Porque dicir dí moi bonito que non se queiran face-la foto cos cregos ó mesmo que non debían querer facerse a foto cos monarcas mais.
Pataletas a parte a reacción de Tou está a ser a dun neno 'pillado' cometendo unha falta; si realmente respetase ós seus socios de goberno non entraría nunha polémica que só pode beneficiar ó PPdG. Co doado que sería dicir que eles o fan por "responsbilidade institucional e por que asi o sinte a maioría dos galegos"; neste tema a coherencia xoga a favor do BNG pois o que verdadeiramente se festexa en Galiza é o "Dia de Galicia" (mirade o calendario de festivos), mais o sentido común debería avisarlles o fondo SINCRETISMO dos galegos que, dende tempo dos romanos, identificamos ó apostolo co 'super' do común dos galegos (Prisciliano por exemplo) o que fai que moitos maiores digan: "O apostol é galego"; polo tanto moita coherencia, moita dignidade mais un craso erro dos intelectuais do BNG.
Polo ben do pais agardemos que a cousa non vaia a maiores e non escomencen a sair declaracions do tipo "de ese tema pregúntelles a eles que o teñen asigndao" ou "a responsabilidade de tal tema é de tal partido" tentación que pode existir dada a proximidade da cita electoral municipal mais que se debe deixar para os niveis inferiores da administración. Tou e Quim deberían pasar unha semana de vacacions xuntos para retoma-lo entendemento.

Paixon X Picasso

OUUUUuuuu

Incumprindo a máxima de non ires á meseta os meses sen 'R' movemos Roma e Compostela para podermos ir até esa amalgama de cidades que é o buraco negro da enerxía que se produce nas contaminantes centrais e mais nos encoros das terras do noroeste.

Tiñamos moitas gañas de ver esta exposición polo peculiar que resulta ver os cadros de P.R.P. nas mesmas salas que as fontes de inspiración clásicas ás que sempre se mantivo fidel mais coas que marcou tamén grandes distáncias; e tamén queríamos voltar a ve-lo "Guernica" e a ampliación do museo "Reina Sofia" e as instalación de restauración abertas nesa zona.

A exposición é simplemante magnífica ainda que centrada case na súa totalidade na expresión pictórica do artista e moi especialmente no "Guernica". Ten dúas partes ben definidas e localizadas nos dous espazos que a compoñen mais con isto non descubrimos ren que non veña xa na páxina oficial; entroques debemos por énfase na necesidade da contemplación directa das obras expostas sobor de todo neses "puntos fortes" que son os contrapuntos entre os cadros de Picasso e as obras clásicas nas que semella inspirado.

Moitísimo interés e moito aproveitamento tiramos (os catro) da conferéncia "Claves para ver la exposición" que se ofrece dentro do programa de actividades da exposición polo menos para nós que tivemo-la sorte de toparmos con alguén que sabía comunicar a súa paixón por este artista total que foi P.R.P. e que, ó longo de hora e media, nos ilustrou acerca das claves do facer dun home que podía perfectamente "pintar ben" mais escolleu facelo "de outro xeito"; pondo atención a contrastar as obras expostas coas súas fontes e de marca-los fitos da vida do artista. Sinto verdadeiramente non lembra-lo nome da persoa que nos tocou en sorte mais foi notable para nós o seu poder comunicativo cando un cativo de 8 anos "de cú inquieto" non se moveu da silla e non preguntou outra cousa que aquelas relacionadas cos cadros das diapositivas que iamos vendo.

A parte da exposición que se visita no museo "Reina Sofia" ten o centro de interés no "Guernica" e no seu poder como cadro-símbolo da desgracia da guerra que, por desgracia, volta a estar de plena vixencia nestes aciagos días. O seu contrapunto co cadro de Goya "2 de Mayo" non fai mais que por de manifesto que os grandes artistas sempre son adiantados ó seu tempo (ou eles representan o adianto do tempo da humanidade).

Coidamos que é unha mágoa que só duas esculturas representen esta faciana productiva de Picasso e que a súa obra como ceramista quedase sen abranguer. Non esquenzades de visitar a sala de Salvador Dalí que se atopa á saida da exposición temporal; o contraste é moi acusado e marabilloso.

P.D.: Non enlazo imaxes para eviateren problemas cos dereitos e os torcidos.

Puntiños, puntos, puntazo

OUUUUuuuu

A modalidade do permiso de conducir "por puntos" iniciou a súa andaina en España non sen grande DEBARTE (Debate nun bar) e comentários sesudos de sesudos tertulianos posuidores da verdade única e universal. Os medios de comunicación, sempre tan orixinais eles, lanzaronse a facer a mesma reportaxe-investigación embarcando a unha equipa cos axentes do control de tráfico (que ben puideron todos encargar a mesma reportaxe e aforrar) para facer patente o mesmo: Por moito medo que se poda crear cunha medida as infraccions seguen a cometerse coa mesma intensidade... SI, eu afirmo que TODO SEGUE IGUAL, que non ten trocado ren pois o que realmente pode estar acadando efectividade no canto das infraccions denunciadas (a estas alturas alguns diarios xa falaran de millons de puntos 'perdidos') é a presión maior ou menor das autoridades cohercitivas -axentes e patrullas- nas estradas. Pecan, dende o meu punto de vista, de grande ignorancia do que é a estatistica quenes argumetan coa disminución de vitimas nestes primeiros 15 días... en realidade non se pode facer comparación mais que a medio (1 ano) ou longo prazo; pois unha disminución tan puntual pode deberse a demasiados factores.

A miña asesora persoal e un que ten pouco seso mais sempre lle gusta falar caemos na conta de que O MELLOR ERA ANDAR SEN LICENCIA pois unha vez recibida a correspondiente 'receta' no caso de seren "cachados" pága-la e segues viaxe tan ricamente como puidemos comprobar nunha desas reportaxes das que falaba na que a patrulla deten un vehiculo porque os ocupantes (parexa e nena pequena) non levaban postos os cintos de seguridade nen dispositivo de retención de crianzas, o conductor dixo non ter licencia: "pero estoy apuntito, para la semana la saco". ¿cal foi a sanción?: Multa (cartos) e disminución de puntos (que ainda non ten) e !!!SEGUIU VIAXE¡¡¡. Eu denunciaría ós axentes por permitir que unha persoa sen licencia seguise conducindo e que a crianza seguise viaxe sen o dispositivo de retención homologado.

Así que son moi crítico co tema da licencia por puntos que, semellame, que vai quedar nun "plano de futuro" para as autoescolas que vian disminuir perigosamente a súa potencial clientela debido á inversión da pirámide poboacional e que gracias a este "artificio político" voltan a TERNOS A TODOS DE CLIENTES.

¿e ti que porpós listo do carallo?, me diredes -e non sen razón que é unha mágoa que un pais marche tan mal estando tan cheo de listos-. Pois dende logo tendo en conta as múltiples casuísticas coñecidas de auténticos listos que libran das multas polos vericuetos mais insospeitados (ia a 160, pero é que o fabricante do coche certifica que non pode ir a mais de 150...) eu coido que a medida mais efectiva polo seu caracter IRRECURRIBLE e realmente molesto é A INMOBILIZACIÓN DO VEHICULO polo menos nos casos de non posuir licencia, taxas de tóxicos (que o alcohol non é o único problema), velocidade > 30% da permitida e tódalas infraccions tipificadas como "moi graves" isto si faría que a xente o pensase dúas voltas...

¿E o tema da reforma do código penal aprobada onte?: o mesmo que as multas, son recurribles e seguramente terán vericuetos polos que os abogados e xuices poderán exonerar a amigos e a quen pague a minuta como o sangrante CASO FARRUQUITO.

Pode que o PUNTAZO que propoño teña a pega de quen controla ós axentes -moi dados eles a facer uso das súas preferencias persoais á hora de aplica-lo código- e quen se fai responsable do vehiculo se ten que quedar abandoado na via; que, por certo, é a estratexia que seguen os que teñen accidentes e van "cargados" para que non se lles faga a proba de tóxicos. Mais, os axentes xa fan uso (e abuso) da súa autoridade rebuscando calquer excusa para multar se non lle gusta que a túa matrícula sexa OU no canto de OR ou se a pegatina do coche leva unha vaca marela sob a bandeira galega no canto do toro osborniano por riba do roxigualda ou si o teu nome 'no está en castellano'... e ós coches ben aparcados nas vías públicas son roubados, raiados, pintados, queimados... vamos, que o perigo para un coche inmobilizado polas forzas da orde (curiosa expersión; ¿porqué a orde precisa de forza?) é o mesmo que para calquer outro.

EDICIÓN 24 DE XULLO

Dándolle voltas ó xa publicado ó redor deste tema pónseme ainda mais claro: só se trata de facer negocios.
As aseguradoras apresuraronse a sacar coberturas que axuden a supera-los períodos sen carnet e subvencionen a recuperación de puntos dicindo que NON EMPERGARAN O SALDO DE PUNTOS PARA ESTRATIFICA-LOS PREZOS POIS OS PUNTOS NON TEÑEN RELACIÓN CO NIVEL DE SINESTRALIDADE. ¿Entón esto non se fai para disminui-la sinestralidade?.
Os analístas económicos esperan que melloren as contas do estado POLO AUMENTO DE RECADACIÓN e a suposta diminución dos gastos de atención ós accidentados... ¿logo, ós accidentados non lles pagan a atención os seus seguros?.

Admitida a solcitude da 3ª República.

OUUUUuuuu

Polo día de San Valentín vos comentara que alguns cidadans encabezados por Jaume D'urgell fixeron unha solicitude formal ó congreso dos deputados para que se proclamase a 3ª República empregando como argumentos as evidentes contradiccions entre un sistema que dí ser igualitario e democrático e unha forma de goberno na que a xefactura do estado se transmite por via xenética e na que hai cidadans á marxe da lei; pois nestes días a dita petición ven de ser admitida a trámite pola comisión cosntitucional do congreso dos deputados.

¿Con que finalidade?; pois seguramente Zapiavelo (Maquiavelo + ZP) e o seu laboratorio de pensadores deron en que este xesto faría patente o seu talante (bó rollo colegas) e que serviría de chamada de atención ós disidentes da causa Pseudoreformadora na que están inmersos. Agora nos toca non permitir que o debate pase sen que se "mollen" os partidos dando a cara no plano argumental e nas votacions da proposta para que todo quede nas actas ben claro.

Eu pola miña banda considero admitida a miña solicitude.



Falsa mobilidade

OUUUUuuuu

A visita de VieirosA verdade é que resulta moi diferente expresa-la opinión dun cando se coida berrar ó valeiro que cando un se sabe "visitado" e mais ainda si o é por un medio cunha audiencia mais ben importánte como é, para ó meu entender, vieiros.

Mais a vida segue e,como unha vez que as visitan voltan ó rego da auséncia, segue o empeño dos 'pensantes' en nos tratar coma nenos caprichosos e o empeño dos 'voceiras' de nos meter polos ollos o que lle interesa ós seus donos eu non quero permanecer calado.

Tema AFINSA; ¿porqué ese empeño en repetir unha e outra vez a coñecida mensaxe dos afectados de que o estado ten que garanti-los seus cartos?; eu sego a cavilar que si eso acontece tamén poderán pedir un fondo de compensación os milleiros de afectados pola próxima depreciación do prezo da vivenda pois si eran 400000 os que 'sacaban petróleo' das estampitas moitos mais e moitos mais cartos están no tema do ladrillo. Agora que o banco de España recomenda ás entidades financieiras alonxarse dos investimentos inmobiliarios ¿quen vai mante-los prezos altos?: As ratas abandoan o barco as primeiras.

No que respecta ó xogo que se traen entre a esquerda abertzale e o P$o€ via P$e-E€ non vexo claro que poda prosperar mais aló da euskadi actual pois a minoría de opoñentes dentro dese ámbito convirtese en maioría (alporizada e habilmente mediatizada) fora dos territorios históricos. A dialectica da linguaxe é moi traidora e as verbas "negociación política" se lanzan ó chou sen darlle un significado preciso... ¿non foi negociación política a do PP con CiU?;¿non foi aquelo supera-lo marco constitucional?... ¡¡¡Que doado esquecen os escuros recantos do camiño do poder!!!. A min o que me indigna é que ningúen fale de deixar decidir ós cidadans. Que semelle que as únicas victimas que importan son as que existen e non as que existirán e que todo dependa de conductas individuais de "cidadans estrela" e non da vontade colectiva.

Coma sempre quedo lívido de envexa da habilidade de ZaPiavelo (ZP+Maquiavelo) que segue co seu aparatiño do ritmo e co seu xogo de máscaras e títeres disposto a devorarse a quen seña para seguin avanzando no camiño do poder.

A ditadura de papel que nos impuxo a xeración de 1978 debe rematar coa ruptura do inmobilismo disfrazado de estabilidade; proporcionemonos un sistema político que SI mude coa sociedade e que SI abarque tódolos poderes (tamén o xudicial DEBE estar sometido ó pobo), un sistema no que os cidadans podan facer senti-lo seu veto a persoas endiosadas e leis corruptas, no que podamos TOMA-LA INICIATIVA sen ser mareados polos 'nosos' representantes e un sistema no que a consulta OBRIGATORIA e VINCULANTE poña ás persoas diante das súas responsabilidades na sociedade e co medio no que vive.

Entroques desto temos unha "reforma polo medio" na que en cada campo se xoga un partido diferente segundo a situación dos equilibrios electorais (NON segundo a situación de cada nacion-nacionalidade-identidade nacional···) e se xoga coma si o resto non existise e como si a constitución fose un grande encoro que vai limitar tódalas augas.

IR, foi mais sen presa...

OUUUUuuuu

Fai un ano voltaba eu cheo de esperanza na miña "rubia" atravesando o porto das Tres Penas Marias no Parque Natural da Serra da Lastra, cheo de temores pois via perto o momento de que os galegos deixaran aberta a porta da posibilidade, o paso dos valentes, o alto do compromiso.

Fai un ano os medos ó escrutinio do voto CERA e as dúbidas razoables acerca da capacidade de pactar das estructuras de PSdG e BNG non me deixaban ver que DESTA FOI, e que; por enésima vez, Fraguestein incumpliría a súa palabra e faría o contrário do que dixera.

Agora, ainda que pode semellar que o "pegamento do poder" escomenza a facer efecto en alguns e que outros poden ter perdido o norte ideolóxico por mor da adicación a xestionar o traballo diario... atopamos aquel pais sen os seus DiNOSauros, cunha chea de cabreos da dereita por mor de falcatruadas non rematadas e porgnósticos non cumpridos e coa mocidade vixiante de que non se 'reorienten' as políticas emprendidas cara á decepción e a foganza.

Mais que ver crónicas de políticos gobernantes satisfeitos e de opositores "marrulleros" coido que estas efemérides deberan traer espazos de autocrítica de quen debe saberse 'en rodaxe', debates públicos sobre feitos e xeitos, proxectos e ideas que semellaban e xa non semellan e o que dentro do "leviatan" dun goberno é diferente de como semellaba dende fora e fai preciso modificar posicions ou moderar discursos e feitos.



Pouco SI e dificil NON

OUUUUuuuu
Onte @s cidadans censados en Cataluña tiveron a ocasión e o dilema de expresaren a súa opinion (que non de decidir) acerca do proxecto de estatuto de autonomía aprobado polo Congreso dos Deputados (unha vez que o do parlament de cataluña foi "cepillado" que dixo o outro).

O resultado pon en relevo a escasa ou nula democracia do sistema que padecemos pois quenes tiñan sinxelo o acto da escolla escolleron MAIORITARIAMENTE non votar e quen tiña dificultade pola posible interpretación que se dera ó seu voto negativo escolleu non votar; e quen tiña decidido non votar e iren á praia escolleu non votar co cal esta foi a opción gañadora por maioría e non outra.

A manipulación estatistica, o doado que é facer presentacións de resultados comparando co que lle pete a cada un, a falla efectiva de poder decisión dos referendos e a sensación acrecentada de que "os políticos sempre fan o que lles peta" conqueriu que a cidadanía voltase a face-lo ridiculo democrático de gastar unha chea de cartos nun referendo que NON DEBERA SER VÁLIDO.

Facendo unha parodia da democracia os politicos levaron os cidadans a unha situación esperpéntica na que votar SI premiaba a quen manipulou a situación e votando NON entregaban o seu voto a unhas interpretacións contradictorias i estes respostaron DEIXANDO ÓS POLITICOS SOS coa participación mais baixa das acadables...

PURA VERGOÑA.



Cazar un lobo por 3000 €uros.

OUUUUuuuu

Unha empresa cinexética de Ourense oferta a posibilidade de cazar un lobo por 3000 euros.

A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA considera que a oferta por parte dunhas das principais empresas cinexéticas de Ourense é a gota que colma o vaso na xestión da caza nesta provincia, e na que nos últimos anos se veñen dando situacións anormais relacionadas principalmente coa xestión de coutos e peches cinexéticos de caza maior. A FEG pregunta á Consellería de Medio Ambiente cal é o papel exercido polos responsables do Servicio de Caza e Pesca da propia Consellería no tocante a autorizacións, controles, vixilancia e revisións administrativas e das memorias técnicas de moitos dos TECOR desta provincia, e como se continúa facendo este traballo na actualidade, xa que os principais responsables continúan nos mesmos postos tratándose de cargos de libre designación.

O anuncio publicado nunha páxina de caza galega, coma o que suxire a empresa Cinegéticas de San Mamed para a caza de lobo, é unha auténtica vergoña, ata o punto que na súa sección de Caza maior recolle o seguinte : “Además, tenemos una pequeña oferta de ciervo y una aún más exclusiva con posibilidad de abatir un lobo gallego. Se lo debemos a nuestra guardería, que sencillamente no falla - el lobo no obedece a reglas –“.
Esto é posible, segundo o anuncio da empresa, facelo dentro do couto de A Gudiña- Pentes- Canizo, no que hai que pagar unha reserva de 240 euros e no caso de conseguir abater un lobo 3.000 euros de cobro polo trofeo. Ademais na mesma páxina ofertase a posibilidade de diferentes modalidades de caza en distintas fincas cinexéticas de Ourense, destacando a posibilidade de caza nocturna con arco nos que se cobra por corzo capturado e na que non se pon límite para a caza de raposo.

O lobo é unha especie cinexética que en Galicia só se pode cazar baixo autorizacións especiais e solo cando se demostren danos, e que polo tanto cabe preguntarse como a empresa e o TECOR responsable adecúan esta oferta ó preceptivo Plan de Ordenación de Caza. Ademais ofertase a súa caza durante o período de cría.···

A FEG pregúntase cantos anos leva realizándose está oferta e se existía coñecemento da mesmo.

Implicados na xestión do Bidueiral de Montederramo .

Dáse a circunstancia que detrás da empresa Cinegética Serra de San Mamed correspóndese coa outra hora denominada Tecsages, e que mudou de nome a raíz da conflictivo asunto da finca cinexética do Bidueiral de Montederramo,da cal foi promotora e agora xestiona, que foi moi protestado por esta organización e outros colectivos e que incluso chegou a suscitar varias preguntas no Parlamento Galego por parte do PSOE e do BNG na anterior lexislatura. Recordar que este couto de caza comercial ocupa unha importante extensión dentro dun espazo Rede Natura 2000, contando con numerosas irregularidades administrativas na súa tramitación, e cunhas instalacións pagadas cunha subvención da Unión Europea destinado a promoción gandeira e no que se investiu nun cercado gandeiro de máis de XX km, e que sorprendentemente unha vez rematado se solicitou a súa reconversión a peche cinexético e coincidindo ademais cun proxecto empresarial moi ambicioso de caza maior. Sorprende na actualidade a postura adoitada pola Consellería de Medio Ambiente, en contra do defendido polo seu partido na anterior lexislatura, e na que se está a renovar o permiso de actividade de xeito anual, a pesar de non estar esclarecidas a irregularidades deste negocio, e de que se lle prohibe os galegos da oportunidade de disfrutar dun espazo natural protexido en condicións de seguridade.

A FEG pregunta á Consellería de Medio Ambiente se existe coñecemento de que parte do accionariado desta empresa pode estar relacionada con outras que tamén operan dentro da provincia de Ourense e que incluso se pode estar vendo beneficiados de axudas para actuar dentro dun Parque Natural ourensano.

Falta de transparencia na xestión de recursos destinados a caza en Galicia.

A FEG pregunta á Consellería se é certo que a supervisión das memorias técnicas e plans de caza, que teñen que acometer os técnicos da Consellería de Medio Ambiente, vai quedar en mans dunha asistencia técnica da confianza e relacionada cunha importante asociación de productores de caza galega, e polo que estes poden ser xuíz e parte no control e autorizacións dos seus propios plans.

Preocupa igualmente o uso de fondos do Servicio de Caza e Pesca destinado a pagar unha factura de 395 botellas de viño nun congreso de caza celebrado en Santiago fai dous meses e no que participaron unhas 40 persoas.

A FEG agarda explicacións da Consellería sobre estas cuestións e no se caso se depuren responsabilidades.


SOMOS



Á dereita o que temos
obxectos que debemos
apariencia.

Á esquerda o que pensamos
ideas que manifestamos
fachada.




No práctico os nosos feitos
actos da circunstáncia
pegadas.

No teórico esencias superiores
empurradas pola materia
alma.




Moito e nada
nada e todo.

Mais eu coido que ser somos:

os silencios prolongados,
os xestos contidos.
Ansiedade apagada,
escondida, silenciada.


Flor e ambiente

Laura Cumpreanos
12
Son os anos que cumpre a miña flor...
doce son os aromas que me lembra,
doce bicos e un gran corazón,
doce o sabor do ollar que me alimenta.
Segredo doce é o son
da voz de chiculate e menta;
doce ducias doce as memorias
que a salientan.
Nen doce segundos preciso
para ver a túa faciana atenta.

Hoxe é o día elexido pola ONU para "Día mundial do medio ambiente"; ben podía se-lo día do lixo ou día da guerra e que só hoxe se falase de merda e morte mais é o revés. Vémonos na obriga de lle adicar un día ó que está en perigo para que os medios de in-comunicación fagan como si nos despetasen do sono edonista no que nos teñen coidando que é posible esta vida sen que o que nos rodea pague un prezo.
Verdegaia nos lembra cómo de insustentabel é o modelo no que habitamos. Greenpeace nos lembra a cantidade de actos nos que tivemos e temos ocasión de participar... mais, o acto co que mellor podemos facer honor a tódolo que nos rodea é ese acto cotián e inadvertido, esa rutina diaria mais reflexiva, ese xestiño sen esforzo mais con consciencia: Pecha-la billa, Separa-lo lixo, apaga-la luz, mercar con 'sentidiño'...

Ozono, eses tolos cos seus autos e os Quads

OUUUUuuuu

Mentras semella que escomenza a dar resultado a prohibición dos CFC's tomada nos anos 80 cunha detención ou, inclusive, recuperación da capa de ozono (artigo en portugues) e moitas equipas seguen a se esforzar na percura de medios de transporte eficientes en Galiza moitos espazos naturais se ven afectados polas conductas de xentes que din "amar á natureza" mais sen entendela.

Como aman os maltratadores estes individuos non saben da delicadeza de certos ecosistemas e se adican a estragar dunas, brañas e demais espazos con toda clase de vehiculos a motor coidando que realizan unha "actividade deportiva" ó tempo de disfrutaren da privilexiada natureza do noso pais. Dentro desta casta de exploradores "made in Coronel Tapioca" os que mais están a aumentar son os que empregan os vehiculos tipo 'Quad'; vehiculos que supostamente pola súa estabilidade son empregados en roteiros organizados por empresas de 'ocio-aventura' que levan á xente ó traveso dos espazos protexidos "vendéndolles a moto" do contacto coa natureza mais sen molestarse en explicarlles en que consisten eses sistemas non vaia a ser que algún lles pregunte: ¿y esto que hacemos no perjudica a la duna?.

Para por de manifesto estes feitos a Federación Ecoloxista Galega ven de entregar a Dirección xeral de conservación da natureza da consellería de medio ambiente a seguinte denuncia:
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Director Xeral

Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
E-15781 Santiago de Compostela

D. Martiño Nercellas Méndez, con DNI XXXXXXXX, en representación da Federación Ecoloxista Galega (FEG), con enderezo a efectos de notificación en Santiago de Compostela (C.P. 15780)

Achégolle consideracións sobre as consecuencias que ten para o medio natural galego, e en especial sobre os espazos naturais protexidos (ENP), a falta dun regulamento normativo minucioso sobre a circulación de vehículos a motor (tipo quads,motocicletas de crós e tototerreos) en montes, terreos forestais, e ENP. Co obxecto de que sexan adoitadas as medidas necesarias e oportunas na maior brevidade de tempo, e en cumprimento do disposto na lexislación vixente sobre protección e conservación da natureza e de montes.

Expón:

1) Que con relación á autorización por parte da Consellería de Medio Ambiente dunha proba do Campionato Galego de Enduro, proba de motocrós, no espazo natural protexido da Serra do Candán, espazo catalogado coma Lugar de Interese Comunitario e coma Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

2) Que na actualidade dentro dos principais espazos naturais protexidos de Galiza, e en xeral no resto do territorio forestal e de montes, se constata unha preocupante intensificación de uso relacionado coa presencia e práctica desmesurada de actividades a motor con vehículos tipo quads, motocrós, e todoterreo.

3) Que non se aprecia unha resposta efectiva por parte da administración na ordenanza de circulación destes vehículos; e na do control, vixilancia, aplicación de medidas sancionadoras, e de reposición da legalidade, orixinados polo que se pode denominar excesos e utilización non racional destes vehículos e que se veñen acometendo reiteradamente nos últimos tempos.

4) Que estes excesos acontecen principalmente coincidindo con fins de semana e días festivos, nos que se producen nos casos motivo de preocupación e desta denuncia grandes concentracións de vehículos (máis de 50 motos nas dunas da Enseada do Trece; roteiros de TT e Quads en LIC como Ancares, Courel, Costa da Morte); concursos e campionatos con e sen autorización administrativa (Serra do Candán), competicións non legais e clandestinas (denuncia en Cuntis e Moraña por competicións de quads e motos ó lado dun colexio); apertura ilegal de circuítos ( p.e: circuíto de Lalín na Serra do Candán, circuíto en Negreira introducíndose dentro do río Tambre, movemento de terras nas inmediacións do Carballal de Coiro en Moaña); situacións de imprudencia e inseguridade a terceiras persoas en espazos públicos e de protección natural (atropelado un sesaxenario na praia de Area Secada na Illa de Arousa e que necesitou atención médica; denuncia pública da Comunidade de Montes de András en Vilagarcía); destrucción áreas de restauración ( en zonas de revexetación e restauración de vías de servizos de Parques Eólicos, e sendeiros recuperados despois do Prestige na Costa da Morte).

5) Que na actualidade Galiza non conta con ningún tipo de Regulamento específico que detalle e estableza as normas para o uso destes vehículos en vías forestais, camiños, e dentro de zonas de alto valor natural e espazos naturais protexidos:

Aínda así, na actualidade considérase a circulación de vehículos a motor dentro dos espazos galegos catalogados coma protexidos coma “infracción grave”, en virtude do disposto no artigo 64.8 da Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza, agás que se conte con autorización administrativa.

Tamén é de aplicación o disposto no artigo 54.2, sobre o acceso público, da Lei 10/2006, do 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes. Esta di: “A circulación con vehículos a motor por pistas forestais situadas fora da rede de estradas quedará limitada ás servidumes de paso que houbera lugar, a xestión agroforestal e as labouras de vixilancia e extinción das Administracións Públicas competentes. Excepcionalmente, poderá autorizarse pola Administración Forestal o tránsito aberto motorizado cando se comprobe a adecuación do vial, correcta sinalización do acceso, a aceptación polos titulares, a asunción do mantemento e da responsabilidade civil”.

····

6) Con relación á normativa específica son varias as Comunidades Autónomas que nos últimos anos teñen desenvolto regulamentos ou disposicións precisas ó abeiro da Lei de Montes ou das súas respectivas Leis de Conservación da Natureza. Estas son:

DECRETO 96/1990, DE 26 DE XUÑO, DA DIPUTACIÓN GENERAL DE ARAGÓN, POLA QUE SE REGULA A CIRCULACIÓN E PRÁCTICA DE DEPORTES, CON VEHÍCULOS A MOTOR, NOS MONTES BAIX A XESTIÓN DIRECTA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ARAGÓN.

DECRETO 124/1995 DE 11 DE MAIO, POLO QUE SE ESTABLECE O REXIME XERAL DE USO DE PISTAS NOS ESPAZOS NATURAIS DE CANARIAS. MODIFICADO POLO DECRETO 275/1996, DE 8 DE NOVEMBRO.

DECRETO 34/2000, DE 29 DE FEBREIRO, PARA A REGULACIÓN DO USO RECREATIVO, A ACAMPADA E LA CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR NO MEDIO NATURAL. DECRETO 90/2005, DE 26 DE XULLO DE 2005 POLO QUE MODIFICA O DECRETO 34/2000.

DECRETO 4/1995, DE 12 DE XANEIRO DA XUNTA DE CASTILLA Y LEÓN, POLO QUE SE REGULA A CIRCULACIÓN E PRÁCTICA DE DEPORTES, CON VEHÍCULOS A MOTOR, NOS MONTES E VÍAS PECUARIAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CASTILLA

DECRETO 166/1998, DE 8 XULLO, DE REGULARIZACIÓN DE ACCESO MOTORIZADO Ó MEDIO NATURAL.

DIPUTACIÓN FORAL DE GIPUZKOA.- DECRETO FORAL 29/1990, DE 2 DE MAIO, POLO QUE SE REGULA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR NOS MONTES PATRIMONIAIS DA DIPUTACIÓN FORAL E DE UTILIDADE PÚBLICA DO TERRITORIO HISTÓRICO DE GIPUZKOA.

DIPUTACIÓN FORAL DE ALAVA.- DECRETO FORAL 25/1993, DE 26 DE XANEIRO, POLO QUE SE MODIFICA O DECRETO FORAL DO CONSELLO 200/1991, DE 12 DE MARZO, QUE APROBOU A NORMATIVA QUE REGULA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR NOS MONTES PATRIMONIALES DO TERRITORIO HISTÓRICO DE ALAVA, E DE UTILIDADE PÚBLICA DOS SEUS CONCELLOS E ENTIDADES.

DECRETO 29/1994, DE 12 DE MAIO, POLO QUE SE REGULA A CIRCULACIÓN E PRÁCTICA DE DEPORTES CON VEHÍCULOS A MOTOR, EN MONTES XESTIONADOS POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE LA RIOJA.

DECRETO 110/1998, DE 27 DE OUTUBRO. CIRCULACIÓN E PRÁCTICA DE DEPORTES CON VEHÍCULOS A MOTOR. LEI DA COMUNIDADE DE MADRID 8/1998, DE 15 DE XUÑO DE VÍAS PECUARIAS.

DECRETO FORAL 36/1994, DE 14 DE FEBREIRO, POLO QUE SE REGULA A PRÁCTICA DE ACTIVIDADES ORGANIZADAS MOTORIZADAS E A CIRCULACIÓN LIBRE DE VEHÍCULOS DE MOTOR EN SOLO NON URBANIZABLE.

DECRETO 183/1994, DE 1 DE SETEMBRO, DO GOBIERNO VALENCIANO, POLO QUE SE REGULA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS POR TERREOS FORESTAIS.

7) Que precisamente a situación está a chegar ó punto de que xa é necesario, de xeito inmediato, avaliar como se están resentindo moitos elementos determinantes parar a catalogación destas áreas, flora fauna e hábitats de interese prioritario, antes de que o proceso de deterioro poida derivar en situacións de impacto crítico e irreversible, ben por afección directa, ou pola derivada dos efectos sinérxicos orixinados pola combinación doutras actividades (promoción parques eólicos, ocupación urbanística, etc.).

8) Que producto destas prácticas non suxeitas a control efectivo están resultando danados de xeito significativo e xeneralizado a maioría dos ENP de Galiza.

Neste sentido constátase unha masiva afluencia destes vehículos, tanto en número coma en frecuencia de aparición, nos seguintes espazos Rede Natura:

* Costa Ártabra: Principalmente en sistemas dunares coma o da Frouxeira, San Xurxo, e Doniños. Destacar que os Monte de San Xurxo-Lobadíz na práctica están convertidos nun campo de autocrós, feito ademais denunciado.
* Xubia- Castro: Forte erosión de camiños nas marxes fluviais dos ríos Xubia e río Castro, vadeo de ríos e regatos, con afluencia importante de motos e quads en fins de semana e días festivos.
* Serra do Xistral: Prodúcense concentracións de quads con roteiros establecidos tanto no Xistral coma na Serra de Meira, principalmente en fins de semana, festivos, e no verán. Alta erosión, e é frecuente observar rodelas e trompos destes vehículos sobre turbeiras ó pé das pistas de servicio dos parques eólicos. Existe constancia de quads enterrados case ate o manillar en turbeiras deste espazo.
* Serra do Candán: Concentracións rutinarias nos fins de semana de numerosos vehículos de moto cross e quads. Moi afectados os camiños da Devesa de Ameixedo-Bustelos e a de Moa (conforman o bosque caducifolio máis importante en extensión da provincia de Pontevedra). Concentracións e competicións no val do Río Grobas. Apertura dunha pista ilegal de quads de 2,5 km de lonxitude por parte do Concello de Lalín. Autorización campionato de moto cross ó longo de 55 Km dentro do espazo protexido en plena temporada de cría de especies ameazadas, en particular aquelas que crían no chan ou moi sensibles a molestias e en situación legal de ameaza (Circus pygargus, Circus cyaneus, Bubo bubo, Circaetus gallicus, Anthus campestris, incluso é a única cita de cría de Assio flammeus rexistrada en Galiza nos últimos anos). Forte erosión das pistas e zonas de restauración dos dous parques eólicos existentes na zona. Considerar factor risco de incendios.
* Brañas de Xestoso: Concentracións quads e motos en fins de semana, con saídas fora das pistas.Unha das escasa zonas de Galiza na que existe cría probable/segura de sisón Tetrax tetrax.
* Serra do Cando: Concentracións quads e motos en fins de semana, con saídas fora das pistas do parque eólico.
* Serra do Careón: Organízanse roteiros de quads e motos por dentro do LIC, carreiras polas pistas do parque, e saídas das pistas, erosionando zonas con solos serpentiníticos e que albergan especies de flora en perigo de extinción (Santolina melidensis, Armería merinoi, Sagina merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Centáurea janerii subsp gallaecica).
* Costa da Morte: Concentracións de quads, todoterreos e motos en importante número en fins de semana, principalmente en primavera e verán. Roteiros e viaxes organizados de ata 250 quads que se introducen dentro dos límites do LIC en numerosos puntos (incluso excursións organizadas dende Madrid). Competicións ilegais de autocrós en dunas de interese de conservación prioritaria. Aparcamento sobre dunas. Circulación por camiños estreitos de cantís e problemas de erosión. Circulación e carreiras por praias, e aparcamento en praias. Destrucción de cercados de protección en áreas dunares restauradas despois do Prestige. Destrucción niños de especies ameazadas coma o Charadrius alexandrinus. Destrucción de zonas que albergan flora en Perigo Crítico de extinción Rumex rupestris; en Perigo de Extinción coma o Omphalodes littoralis subsp.gallaecica;Vulnerable Chamnaesyce peplis.

Prodúcese grave afección principalmente nos seguintes ecosistemas dunares:

a) Sistema dunar Baldaio e Razo (Carballo): Con denuncias reiteradas (de mariscadores, organizacións ecoloxistas, Axentes protección Natureza).Alta frecuencia na presencia de vehículos e todo tipo de infraccións. Molestias á fauna.

b) Balares (Corme) e Monte Branco (Ponteceso): Caravanas de todoterreos e de quads, e as dunas convertidos en circuítos de autocrós. Na barra de Monte Branco se extinguiu nos últimos anos como reproductor a Píllara papuda Charadrius alexandrinus. Para acometer e favorecer un plan de recuperación da especie é necesario eliminar este impacto..

c) Soesto (Laxe): Neste sistema dunar destaca a presencia dunha planta catalogada “En Perigo de Extinción”, Omphalodes littoralis subsp.gallaecica. Esta poboación está exposta e afectada pola presencia continuada de vehículos sobre as dunas1. Trátase dun Hábitat de Interese Prioritario, que na práctica é un verdadeiro campo de autocrós, no que ademais se consolidou unha pista ilegal pola presencia continuada de TT.

d) Traba (Laxe): Con circulación de quads por riba do sistema dunar e chegada de TT incluso ata a lagoa. Prodúcense molestias en período de cría e invernada de aves.

e) Enseada do Trece (Camariñas): Caso insólito, no que perfectamente se poden observar as rodelas deixadas polos vehículos en fotografías aéreas (google earth) sobre un dos sistemas dunares mais espectaculares da Península. Prodúcense campionatos de saltos e adestramentos, con concentracións de máis de 50 motos sobre vexetación da duna remóntante (80 metros de altura), e na que se orixinaron fortes procesos de erosión e desestabilización. Prodúcese tamén a chegada de TT ó interior da Enseada do Trece procedentes do Cemiterio dos Ingleses.

f) Dunas de Lourido (Muxía): Circulación sobre as dunas de quads e vehículos en xeral, a pesar do balizado provisional de protección establecido por Costas e o antigo Comisionado do Prestige.

g) Pista da praia de Arnela (Muxía): Unha vez eliminada e revexetada a pista de acceso á praia, aberta durante o Prestige, a zona restaurada foi destrozada polo paso de quads.

h) Nemiña (Muxía): Apertura dunha pista ilegal de 2 km. sobre un Hábitat de Interese Prioritario, e que na actualidade sofre unha forte erosión polo tránsito de TT quads e motos. Empréganse os montículos da duna coma circuíto de saltos e de autocrós. Provócase a afección directa a un dos poucos enclaves galegos que alberga unha colonia de choia biquivermella Pyrrhocorax pyrrhocorax.

i) Sistema dunar e praia de O Rostro (Fisterra): Prodúcense caravanas de quads pola praia, nun dos poucos areais galegos nos que aínda cría a Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus). Saltos e carreiras entre as dunas. Aparcamento de TT e autocaravanas (practicamente durante todo o verán) sobre as dunas. Provócase a afección directa a un dos poucos enclaves galegos que alberga unha colonia de choia biquivermella Pyrrhocorax pyrrhocorax.

k) Dunas de Arnela (Fisterra): Salto e circulacións de quads aproveitando as fortes pendentes existentes. Prodúcense danos significativos a zonas restauradas despois do accidente do Prestige. Aparcamento de TT na mesma praia. Con presencia de especies de flora En Perigo crítico (Rumex rupestris) e Vulnerable (Chamaesyce peplis).

l) Mar de Fora (Fisterra). Sistema dunar desfeito pola presencia de todo tipo de vehículos, con caravanas de quads e TT. Prodúcese a acampada sobre a duna de autocaravanas durante todo o verán.

* Carnota Monte-Pindo: Organización de roteiros turísticos pola praia e proximidades da marisma. Na base do Pindo en Caldebarcos caravanas de quads e TT. É unha das poucas praias con cría de Píllara papuda, e hai constancia de niños afectados polo tránsito de quads.
* Monte e lagoa de Louro: Convertido nun circuíto de autocrós para motos e quads. Molestias a fauna da lagoa, con atropelo de anfibios e de niños con posta de píllara papuda. Incluso navegación dentro da proia lagoa das Xarfas. Corrixido en parte coa posta en marcha do proxecto de xestión e restauración realizado pola Fundación Global Nature.
* Complexo Húmido de Corrubedo: Presencia de quads, motos e todoterreos no complexo dunar e montes anexos entre Xuño e Basoñas (Porto do Son), sen ningún tipo de control. Caravanas de quads e incluso incursións dentro do Parque Natural. Destacar tamén a presencia de Omphalodes littoralis subsp.gallaecica, e zona reproductora de píllara papuda.
* Costa da Vela: Concentracións e caravanas de quads e TT nas pistas forestais que levan a praia de Melide. Levantamento de po e intensificación procesos erosivos.
* Macizo Central: Circulación de caravanas de quads e rutas de TT. Problemas de erosión pistas. Considerar factor risco de incendios.
* Bidueiral de Montederramo: Circulación de caravanas de quads e rutas de TT. Problemas de erosión pistas. Considerar factor risco de incendios.
* Serra do Faro: Concentracións anuais de quads e competicións. Frecuentado asiduamente, principalmente en fins de semana. Circulación a velocidades elevadas polas pistas forestais e do parque. Erosión camiños forestais e en zonas de restauración (revexetado) do parque eólico. Atropelo de anfibios, e molestias a aves rapaces reproductoras. Ningún tipo de control.
* Courel: Principalmente caravanas de TT por calquera pista da Serra,incluso aparcando no interior dos camiños que se meten na devesa da Rogueira. Intensificación procesos erosivos, e molestia a fauna. Necesidade de abordar Plans Integrais de Xestión do Territorio para recuperación de oso (xunto unidade Alto Sil-Ancares). Considerar factor risco de incendios.
* Ancares: Tradicionais roteiros para TT con formación de caravanas, raid e concentracións e probas de longo percorrido. Intensificación procesos erosivos, e molestia a fauna. Necesidade de abordar Plans Integrais de Xestión do Territorio para recuperación de oso e pita do monte.
* Pena Trevinca: Tradicionais roteiros para TT con formación de caravanas, raid e concentracións e probas de longo percorrido. Intensificación procesos erosivos, e molestia a fauna. Considerar factor risco de incendios.
* Río Támega: Circulación de quads a alta velocidade, concentracións e caravanas, polas pistas da parcelaria nas marxes do río Támega.
* Esteiro do Tambre: Nos límites do LIC, dentro do Concello de Negreira, instalación dun circuíto que invade e cruza a canle do río.

9) Que preocupa especialmente o impacto e afección continuada que se está a producir en territorios coñecidos e estudiados, nos que figura a presencia de especies de fauna ameazada, moi sensibles a molestias e perturbacións de orixe antrópico e en período de cría. A non previsión de medidas de ordenación da circulación de vehículos pode supoñer (e así xa ten acontecido en varios zonas) unha posibilidade moi alta de arruinar a temporada de cría de individuos pertencentes a especies en perigo e recollidas no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas:

Na lista podemos incluír especies coma, Circaetus gallicus, Circus pygargus, Circus cyaneus, Asio flammeus, Pyrrocorax pyrrocorax, Tetrax tetrax, Anthus campestris, Chioglossa lusitanica, Rana temporaria, Lacerta monticola, Discoglossus galganoi, Pelobates cultripes, Bufo calamita, etc.

8) Que sobre os espazos da Rede Natura debe aplicarse a normativa ambiental vixente relacionada coa protección dos valores naturais polos que destacan dentro do conxunto do territorio galego, particularmente sobre aqueles elementos de flora, fauna, e hábitats máis vulnerables e ameazados. Debe terse en conta que nos LIC é de aplicación tanto a Directiva 92/43 de Hábitats, e a Directiva 79/ 409 sobre a conservación das Aves silvestres. Para estes lugares protexidos deben aprobarse plans de conservación e xestión, e aplicarse medidas cautelares mentres non sexan aprobados.


Vista a exposición de motivos solicítase:

1) Que se poña freo o deterioro ambiental xerado polo uso indebido de vehículos a motor sobre hábitats protexidos, flora e fauna ameazada presentes nos Espazos Naturais Protexidos de Galiza, e en consonancia cos obxectivos perseguidos pola normativa de protección que rexen estes espazos.

2) Que se aplique o Réxime de Protección Preventiva disposto na Lei 9/2001, prohibíndose a realización de campionatos e/ou concentracións de vehículos a motor dentro dos ENP, mentres non estean aprobados os respectivos Plans de Conservación ou Xestión. Recordando que, ante a dúbida na interpretación da lexislación por un suposto bacío legal ó respecto (que non é o caso) sexa aplicada a norma no sentido estricto e no que se vele en primeiro lugar pola conservación de calquera dos elementos protexidos, no lugar de expoñerse a situacións de risco.

3) Que non se repitan autorizacións por parte da Consellería de Medio Ambiente, coma no caso acontecido o pasado fin de semana no ENP da Serra do Candán co motivo da celebración dun campionato de motocrós, cando estas están carentes do rigor necesario esixible para avaliar o alcance da devandita actividade, ou das derivadas da mesma, sobre os elementos ameazados presentes no espazo (p.e:localización flora e fauna ameazada e dos seus hábitats, molestias a fauna ameazada, período crítico de cría,etc.), e non existindo un protocolo de vixilancia e control da actividade.

4) Que a Consellería de Medio Ambiente e na parte que corresponde á Consellería de Medio Rural asuman de xeito inmediato, a necesidade de regular e ordenar a circulación de vehículos a motor fora das estradas principais de circulación, é dicir en pistas forestais e camiños existentes en montes e en espazos naturais protexidos, e en xeral en espazos forestais. O obxecto do mesmo é o de evitar a destrucción dos valores naturais dos montes, zonas forestais, espazos protexidos, e tratar de impedir a erosión dos solos.

5) Que se regule de forma minuciosa este tipo de actividades, co obxecto de velar pola utilización racional de tódolos recursos naturais, protexendo e restaurando o medio natural. Neste sentido Galiza pode seguir o exemplo levado adiante por outras Comunidades Autónomas, no relativo ó desenvolvemento dun regulamento específico que amplíe o disposto na normativa vixente (Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e da Lei 10/2006, do 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes), referida á circulación de vehículos a motor fora das estradas principais e en espazos naturais protexidos e outros de alto valor ambiental, sen prexuízo do réxime que se fixe nos Plans de Conservación, PORNA e PRUX dos espazos naturais protexidos.

6) Que se proceda á restauración ambiental daqueles lugares que encontrándose dentro de espazos naturais protexidos resultaran significativamente danados polo inadecuado uso de vehículos coma quads, motocrós ou TT.

7) Que o regulamento sobre a circulación de toda clase de vehículos a motor en montes, espazos forestais, e ENP, incorpore cuestións coma:

1. Establecemento de usos permitidos, limitacións e prohibición de acceso a pistas forestais, camiños, sendas, etc. En función das características do espazo e a vulnerabilidade das unidades territoriais presentes.
2. Sinalización de camiños autorizados.
3. Condicións da circulación rodada nas zonas autorizadas: Ancho mínimo das vías (prohibido nas inferiores a 4 metros); velocidade máxima de circulación (non máis de 30Km/h); prohibición tránsito de caravanas ( non máis de 5 vehículos); límites de nivel de ruído; autorizacións especiais. Outras
4. Definición contido de autorizacións especiais: xustificacións, períodos establecidos,etc.
5. Definición criterios para apertura de novas vías, circuítos pechados, circuítos abertos de longo percorrido e perfectamente delimitados, etc.
6. Establecemento de medidas sancionadoras.
7. Outras.

8) En fin, poñer orden a tanto descontrol e que na práctica supón incrementar innecesariamente o deterioro do noso territorio e biodiversidade e tan sobreexplotado por outras actividades que necesitan dunha alta ocupación do territorio.

9) Se nos manteña informado das medidas adoitadas.

10) Se facilite copia deste documento ó resto de organismos da administración galega que poidan ter responsabilidades na devandita cuestión.

Sen máis, despídese atentamente

D.Martiño Nercellas Méndez.

Biólogo,en representación da Federación Ecoloxista Galega.

En Lalín, a 31 de maio de 2006